Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Martes, 26 de xullo de 2011 Páx. 21077

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña

EDICTO (404/2009-V).

Carmen Iglesias Fungueiro, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 da Coruña, fai saber que nos autos de xuízo ordinario 404/2009-V recaeu sentenza cuxo encabezamento e ditame literalmente din:

«Sentenza.

Na Coruña, 13 de abril de 2011.

Sofia Barrera Pardo, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 da Coruña e o seu partido, vistos os presentes autos de xuízo ordinario número 404/2009-V, seguidos ante este xulgado, entre partes, dunha como demandante BBVA, S.A., como procurador José María Moreda Allegue e letrado Pedro Sánchez Rodilla, e doutra, como demandado, Alberto Pérez Campelo, en ignorado paradoiro e declarado rebelde,

Resolvo que debo estimar e estimo a demanda interposta polo procurador señor Moreda Allegue en nome e representación de BBVA contra Alberto Pérez Campelo e, en consecuencia, condeno o demandado a pagarlles ao demandante 21.126,33 euros máis os xuros devengados desde o 12 de xaneiro de 2009 ata o completo pagamento do principal calculados ao tipo do 20% anual pactado, con imposición de custas.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que poden interpoñer recurso de apelación no prazo de cinco días, contados desde o seguinte á súa notificación, logo do depósito de 50 euros na conta de depósitos e consignacións deste xulgado.

Así, pronúncioo, mándoo e asínoo, Sofía Barrera Pardo, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 da Coruña».

Y, para que sirva de notificación en legal forma o demandado rebelde Alberto Pérez Campelo, en ignorado paradoiro, expido este edicto na Coruña o 14 de abril de 2011.

A secretaria xudicial
Rubricado