Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Martes, 26 de xullo de 2011 Páx. 21079

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (354-2011).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 354/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Estefanía Caamaño Rodríguez, Yolanda Sara Mancha Rey, contra a empresa Telemarketing del Noroeste, S.L. sobre procedemento ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Cítase e requírese para o día cinco de setembro de dous mil once, ás 11.00 horas, a empresa Telemarketing del Noroeste, S.L., e a súa representación legal, para a comparecencia a xuízo e co obxecto de interrogatorio, que tivo o seu domicilio en Cee e A Coruña, hoxe en ignorado paradoiro, en única convocatoria, para que, acompañado de todos os medios de proba de que intente valerse, compareza neste xulgado, sito na r/ Monforte, s/n, co fin de asistir á realización do acto de xuízo correspondente, e prevénselle que a copia da demanda está á súa disposición neste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de xullo de 2011.

A secretaria xudicial
Rubricado