Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Martes, 26 de xullo de 2011 Páx. 21080

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1008/2010).

María Mercedes Pena Moreira, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento 1008/10 deste xulgado do social, seguido por instancia de Gerardo Vilar Otero, contra a empresa Contratas y Cubiertas Estrada, S.L., Fogasa, sobre despedimento, ditouse a seguinte sentenza, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Polo exposto, acollo a demanda interposta por parte de Gerardo Vilar Otero, declarando a existencia de despedimento improcedente condenando a demandada entidade Contratas y Cubiertas Estrada, S.L. a que opte no prazo de 5 días desde a notificación da sentenza ou ben por readmitir o demandante nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben pola extinción da relación contractual con aboamento dunha indemnización de 7.323,02 euros, así como ao pagamento ao demandante dos salarios de tramitación en ambos os casos de 10.784,40 euros, así como os que se devenguen ata data de notificación desta sentenza, a razón de 41,80 euros por día. Condeno o Fogasa e a administración concursal a estar e pasar por esta resolución.

Esta resolución notifícase ás partes facéndolles saber que contra ela cabe recurso de suplicación ante o TSX de Galicia no prazo de 5 días, e indicando que para poder acceder ao recurso a demandada deberá exhibir ante este xulgado o xustificante acreditativo de depositar na conta deste xulgado do social número identificador 1589, aberta no Banco Banesto a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 60), podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que se deberá facer constar a responsabilidade solidaria do avalista, e acreditar tamén ter depositado na indicada conta (clave de ingreso 65) a cantidade de 150,25 euros preceptivas para recorrer. Sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E, para que lle sirva de notificación de forma legal a Contratas y Cubiertas Estrada, S.L., en paradoiro descoñecido, expido esta cédula de notificación para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírteselle ao/á destinatario/a que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que teñan forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamentos.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2010.

A secretaria xudicial
Rubricado