Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Martes, 26 de xullo de 2011 Páx. 21152

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Dumbría

ANUNCIO de apertura de información pública.

Benedicto Trillo Martínez solicita deste concello a licenza para instalación dunha estación de servizo no p.q 1,500 da estrada CP 2302 Brens-Hospital. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, o expediente sométese á información pública polo prazo de vinte días hábiles, que comezará a contar desde a última inserción deste anuncio no BOP e no DOG, para que quen se vexa afectado dalgún modo pola actividade, presente as alegacións ou reclamacións que considere pertinentes.

Dumbría, 19 de xullo de 2011.

José Manuel Pequeño Castro
Alcalde