Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Martes, 26 de xullo de 2011 Páx. 21155

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

APROBACION definitiva estudo detalle parcela R6-2a SUP-3R (expedientete FG 570).

Polo Concello Pleno, en sesión extraordinaria con data do 12 de maio de 2011, acordouse aprobar definitivamente o estudo de detalle para reaxustamento de rasante e ordenación de volumes en parcela R6-2a. do SUP-3R, en Perillo, facendo constar a remisión da documentación establecida no artigo 92 da Lei 9/2002, á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, con data 25.5.2011.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado ou Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; de conformidade cos artigos 8, 9 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa no prazo de dous meses. Previa e potestativamente, poderase interpor recurso de reposición, de conformidade co artigo 116 da Lei 30/1992, no prazo dun mes. Tamén poderá interpor o recurso extraordinario de revisión, cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei  30/1992, do 26 de novembro, pola que se aproba o réxime xurídico das administracións públicas e o procedemento administrativo común, nos prazos establecidos no punto 2 do mesmo artigo 118. Todo isto, sen prexuízo do dereito dos interesados a formular a solicitude e a instancia á que se refiren os artigos 102.1 e 105.2 da devandita lei.

Oleiros, 30 de xuño de 2011.

Ángel García Seoane
Alcalde presidente