Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Martes, 26 de xullo de 2011 Páx. 21153

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Friol

ANUNCIO de información pública.

Juan José López Eimil, en representación de López Fraga, solicitou desta alcaldía a licenza municipal para a apertura de taller de reparación e venda de maquinaria agrícola, que se situará no Polígono Industrial de Friol. Cumprindo o disposto no artigo 8.3.º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante éste –que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no BOP e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

Friol, 29 de xuño de 2011.

Decreto Alcaldía 13.6.2011
José Antonio Abuín Villar
Primeiro tenente de alcalde