Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Martes, 26 de xullo de 2011 Páx. 21126

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2011 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, do servizo consistente na tramitación técnico-administrativa de propostas de clasificación, normas de explotación, plans de emerxencia e outros documentos relacionados coa seguridade de presas e encoros no ámbito territorial de Galicia-Costa.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: organismo autónomo Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Obtención de documentación e información:

i) Dependencia: organismo autónomo Augas de Galicia.

ii) Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, n.º 7-9.

iii) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela.

iv) Teléfono: 981 54 45 58/981 54 49 95.

v) Telefax: 981 95 75 99/981 54 16 76.

vi) Correo electrónico: augasdegalicia@xunta.es

vii) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://augasdegalicia.xunta.es/gl/contratacion.htm

viii) Data límite de obtención de documentación e información: 27 de agosto de 2011, ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: OH188316SV.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: tarefas de apoio á Subdirección Xeral de Programación e Proxectos na revisión de documentación relativa á seguridade das presas e encoros e nas funcións que esta ten asignadas para dar cumprimento ao establecido na lexislación vixente nesta materia.

c) Lugar de execución: Galicia.

d) División por lotes: non.

e) Prazo de execución (meses): vinte e catro (24).

f) Admisión de prórroga: ata un máximo de vinte e catro meses.

g) Establecimento dun acordo marco: non.

h) Sistema dinámico de adquisición: non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 7131000-1.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto suxeito a regulación harmonizada.

c) Subasta electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: oferta economicamente máis vantaxosa, tendo en conta varios criterios de adxudicación que constan nos pregos de cláusulas administrativas.

4) Valor estimado do contrato: 674.842,34 €, inclúe: importe da prórroga, se procede, de ata vinte e catro meses e o orzamento de licitación.

5. Orzamento base de licitación. Importe total: 337.421,17 € + 60.735,81 € = 398.156,98 €.

6. Garantías exixidas:

a) Garantía provisional: no se exixe.

b) Garantía definitiva: 16.871,06 €, 5% do orzamento de licitación excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a solvencia económica e financeira acreditarase polos medios establecidos no artigo 64.1, letra a), da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público; a solvencia técnica e profesional acreditarase polos medios establecidos no artigo 67, letras a), i e),da mesma lei.

c) Outros requisitos específicos: non.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 29 de agosto de 2011, ás 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

i) Dependencia: no rexistro xeral do organismo autónomo Augas de Galicia. Tamén por correo, segundo o disposto no artigo 80.4 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso o licitador deberá anunciar ao órgano de contratación, no mesmo día da imposición, mediante telegrama ou fax, o envío da documentación para concorrer ao concurso.

ii) Enderezo: praza Camilio Díaz Baliño 7-9.

iii) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela.

d) Número previsto de empresas ás que se pretende invitar a presentar ofertas (procedemento restrinxido): non procede.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

f) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a sua oferta: 3 meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: apertura de ofertas técnicas (sobre B).

b) Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, sala de xuntas.

c) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data e hora: 12 de setembro de 2011 ás 9.00 horas.

Calquera modificación nas datas/horas de celebracións das mesas por razóns organizativas, notificarase a través da plataforma de contratación.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao DOUE: 14 de xullo de 2011.

12. Outras informacións.

i) Apertura do sobre A: terá lugar a apertura do sobre A (documentación persoal) o 5 de setembro de 2011, na sala de xuntas de Augas de Galicia.

ii) Portal informático ou páxina web onde figuran as informacións relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=16467. Para máis información, ponse á disposición o seguinte enderezo de correo electrónico: contratacion.augasdegalicia@xunta.es

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2011.

Francisco Menéndez Iglesias
Presidente de Augas de Galicia