1) Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: organismo autónomo Augas de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.
c) Obtención de documentación e información:
1.º Dependencia: organismo autónomo Augas de Galicia
2.º Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, n.º 7-9.
3.º Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela.
4.º Teléfono: 981 54 45 58/981 54 49 95.
5.º Telefax: 981 95 75 99/981 54 16 76.
6.º Correo electrónico: augasdegalicia@xunta.es
7.º Enderezo da internet do perfil do contratante: http://augasdegalicia.xunta.es/gl/contratacion.htm
8.º Data límite de obtención de documentación e información: 16 de agosto de 2011, ás 14.00 h.
d) Número de expediente: OH088315SV.
2) Obxecto do contrato:
a) Tipo: servizo.
b) Descrición: explotación e mantemento dunha rede de control da calidade das augas e verteduras ao dominio público hidráulico (red CAVE).
c) Lugar de execución: Galicia.
d) División por lotes: non.
e) Prazo de execución (meses): doce (12).
f) Admisión de prórroga: ata un máximo de doce meses.
g) Establecemento dun acordo marco: non.
h) Sistema dinámico de adquisición: non.
i) CPV (referencia de nomenclatura): 72315200-8, 72267000-4, 45259000-7.
3) Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto suxeito a regulación harmonizada.
c) Poxa electrónica: non.
d) Criterios de adjudicación: oferta económicamente máis vantaxosa, tendo en conta varios criterios de adjudicación que constan nos pregos de cláusulas administrativas.
4) Valor estimado do contrato: 1.311.760,80 €, inclúe: importe da prórroga, se procede, de ata doce meses e o orzamento de licitación.
5) Orzamento base de licitación: importe total: 655.880,40 € + 118.058,47 € = 773.938,87 €.
6) Garantías exixidas:
a) Garantía provisional: non se exixe.
b) Garantía definitiva: 32.794,02 €, 5% do orzamento de licitación excluído o IVE.
7) Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación: grupo P, subgrupo 1, categoría C.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: só para empresas estranxeiras non clasificadas, a solvencia económica e financeira acreditarase polos medios establecidos no artigo 64.1, letra a), da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público; a solvencia técnica e profesional acreditarase polos medios establecidos no artigo 67, letras a), e) e h) da mesma lei.
c) Outros requisitos específicos: non.
d) Contratos reservados: non.
8) Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: 17 de agosto de 2011, ás 14.00 horas.
b) Modalidade de presentación: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
i) Dependencia: no rexistro xeral do organismo autónomo Augas de Galicia. Tamén por correo, segundo o disposto no artigo 80.4 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso o licitador deberá anunciar ao órgano de contratación, no mesmo día da imposición, mediante telegrama ou fax, o envío da documentación para concorrer ao concurso.
ii) Enderezo: praza Camilio Díaz Baliño 7-9.
iii) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela.
d) Número previsto de empresas a que se pretende convidar a presentar ofertas (procedemento restrinxido): non procede.
e) Admisión de variantes: non se admiten.
f) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.
9) Apertura de ofertas:
a) Descrición: apertura de ofertas técnicas (sobre B).
b) Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, sala de xuntas.
c) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).
d) Data e hora: 9 de setembro de 2011: ás 9.00 horas.
Calquera modificación nas datas/horas de celebracións das mesas por razóns organizativas, notificarase a través da plataforma de contratación.
10) Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.
11) Data de envío do anuncio ao DOUE: 11 de xullo de 2011.
12) Outras informacións:
i) Apertura do sobre A: terá lugar a apertura do sobre A (documentación persoal) o día 2 de setembro de 2011, na sala de xuntas de Augas de Galicia.
ii) Portal informático ou páxina web onde figuran as informacións relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=16446. Para máis información, ponse á disposición o seguinte enderezo de correo electrónico: contratacion.augasdegalicia@xunta.es.
Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2011.
Francisco Menéndez Iglesias
Presidente de Augas de Galicia

