Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Martes, 26 de xullo de 2011 Páx. 20894

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2011 pola que se fai pública a ampliación do límite de crédito dispoñible para os anos 2011 e 2012 das bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica ao Programa de apoio á innovación das pequenas e medianas empresas en Galicia (Programa Innoempresa), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

Mediante Resolución do 21 de maio de 2010 publicouse o acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica que aprobou as bases reguladoras das axudas do Igape ao Programa de apoio á innovación das pequenas e medianas empresas en Galicia (Programa Innoempresa), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (DOG n.º 100, do 28 de maio), e mediante Resolución do 10 de marzo de 2011 convocáronse para o exercicio 2011 as ditas axudas (DOG n.º 63, do 30 de marzo).

Na dita Resolución do 10 de marzo de 2011, no seu punto terceiro, establécese a súa dotación orzamentaria, así como que o director xeral do Igape poderá ampliar os créditos e modificar as partidas orzamentarias, logo de declaración de dispoñibilidade dos créditos nos termos referidos no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, mediante resolución publicada para o efecto.

Tendo en conta o volume de solicitudes recibidas e tratando de dar resposta á ampla demanda de axuda, semella oportuno incrementar o importe aprobado para as axudas establecidas nestas bases.

Na súa virtude e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Único. Amplíase en 2.000.000 € para o exercicio 2011 e en 1.000.000 € para o exercicio 2012 o crédito establecido na partida orzamentaria 20.02-E4/10/02-656 para as bases reguladoras das axudas do Igape ao Programa de apoio á innovación das pequenas e medianas empresas en Galicia (Programa Innoempresa), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (DOG n.º 100, do 28 de maio de 2010) convocadas mediante Resolución do 10 de marzo de 2011 (DOG n.º 63, do 30 de marzo).

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2011.

P.D. (Acordo 1.6.2011, DOG n.º 113, do 14 de xuño)
Francisco Javier Álvarez Barbeito
Secretario xeral do Instituto Galego de Promoción Económica