Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Mércores, 27 de xullo de 2011 Páx. 21179

I. Disposicións xerais

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 20 de xullo de 2011 polo que se incorporan dous novos procedementos ao Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia, regulado polo Decreto 164/2005, do 16 de xuño.

O Decreto 164/2005, do 16 de xuño, crea o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia, que permite a presentación por vía telemática de solicitudes, escritos e comunicacións. Esta orde inclúe no anexo VII do Decreto 164/2005, do 16 de xuño, un novo procedemento, co fin de continuar impulsando o emprego de técnicas e medios electrónicos, informáticos e telemáticos no desenvolvemento da actividade da Xunta de Galicia e no exercicio das súas competencias.

De conformidade co disposto no artigo 2.2.º e na disposición adicional primeira b) e derradeira primeira do Decreto 164/2005, do 16 de xuño, polo que se regulan e determinan as oficinas de rexistro propias ou concertadas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, créase o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia e regúlase a atención ao cidadán.

En virtude da disposición derradeira segunda do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes, desde a entrada en vigor deste decreto o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia cambiará a súa denominación pola de Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.

DISPOÑO:

Artigo único.

1. Inclúese no anexo VII do Decreto 164/2005, do 16 de xuño, procedementos para os que está habilitado o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia, e queda pois, habilitado cos efectos previstos no seu artigo 5.1.º, o seguinte procedemento:

MR348A.- «Procedemento polo que se regulan as entidades identificadoras para a prestación de servizos de identificación do gando bovino, ovino e cabrún e o seu rexistro oficial».

MR420A.- «Comunicación previa ao inicio do exercicio de actividade nun establecemento veterinario, nun centro dedicado ao acicalamento ou coidados de animais, ou nunha residencia de animais».

2. O procedemento para a tramitación electrónica estará dispoñible no enderezo http://www.xunta.es/presentacion-electronica-da-xunta-de-galicia

Disposición derradeira única.

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2011.

Alfonso Rueda Valenzuela
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza