Vista a proposta do director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, en conformidade co establecido no artigo 38 do Decreto 41/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia de bibliotecas,
RESOLVO:
Primeiro.
Integrar na Rede de Bibliotecas de Galicia a Biblioteca Pública Municipal de Lugo.
Segundo.
A resolución favorable de integración estará condicionada á sinatura dun convenio onde se recolla a obriga por parte do centro bibliotecario de prestar un servizo público que deberá axustarse ao estipulado no Decreto 41/2001, do 1 de febreiro, e que poderá responder nos restantes termos ás especiais características de cada tipo de centros.
Terceiro.
O prazo de sinatura deste convenio non deberá ser superior aos tres meses. De non cumprirse este prazo deixarase sen efecto a posible resolución favorable e suporá o arquivo definitivo da solicitude.
Cuarto.
O posterior incumprimento do devandito convenio poderá ser motivo de exclusión temporal ou definitiva do centro bibliotecario de que se trate da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2011.
Roberto Varela Fariña
Conselleiro de Cultura e Turismo