Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Mércores, 27 de xullo de 2011 Páx. 21345

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura e Turismo

ORDE do 6 de xullo de 2011 pola que se crea e se integra na Rede de Bibliotecas de Galicia a Axencia de Lectura Municipal de Baio.

Vista a proposta do director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos en conformidade co establecido no artigo 38 do Decreto 41/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia de bibliotecas,

RESOLVO:

Primeiro.

Crear e integrar na Rede de Bibliotecas de Galicia a Axencia de Lectura Municipal de Baio.

Segundo.

A resolución favorable de integración estará condicionada á sinatura dun convenio onde se recolla a obriga por parte do centro bibliotecario de prestar un servizo público que deberá axustarse ao estipulado no Decreto 41/2001, do 1 de febreiro, e que poderá responder nos restantes termos ás especiais características de cada tipo de centros.

Terceiro.

O prazo de sinatura deste convenio non deberá ser superior aos tres meses. De non cumprirse este prazo deixarase sen efecto a posible resolución favorable e suporá o arquivo definitivo da solicitude.

Cuarto.

O posterior incumprimento do devandito convenio poderá ser motivo de exclusión temporal ou definitiva do centro bibliotecario de que se trate da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2011.

Roberto Varela Fariña
Conselleiro de Cultura e Turismo