Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Mércores, 27 de xullo de 2011 Páx. 21351

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 13 de xuño de 2011 pola que se fai pública a ampliación do límite de crédito dispoñible para o ano 2011 para a concesión das axudas financeiras solicitadas ao abeiro das bases reguladoras das axudas do Igape para o apoio financeiro aos investimentos das pequenas e medianas empresas de Galicia financiados con fondos do Instituto de Crédito Oficial (ICO) ao abeiro de determinadas liñas ICO 2010, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Igape e as entidades financeiras.

Advertidos erros na referida resolución, publicada no DOG número 138, do 19 de xullo de 2011, procede facer as seguintes correccións:

– Na páxina 20.172, no título, onde di: «Resolución do 13 de xuño de 2011...», debe dicir: «Resolución do 13 de xullo de 2011...».

– Na páxina 20.173, no pé de sinatura, onde di: «Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2011», debe dicir: «Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2011».