Advertido erro na citada orde publicada no Diario Oficial de Galicia n.º 105, do 1 de xuño de 2011, cómpre facer a seguinte corrección:
– Na páxina 12695, o artigo 5 queda redactado da seguinte forma,
«Artigo 5. Cambio de materias dentro da mesma modalidade.
1. Ao efectuar a matrícula, o alumnado poderá solicitar o cambio de materias de modalidade ou de materias optativas non superadas. Se o cambio supón a matrícula dunha materia de contidos progresivos ou que requira a acreditación de coñecementos previos, será de aplicación o disposto nos artigos 3 e 4 desta orde.
2. En calquera caso, estes cambios soamente serán autorizados pola dirección cando se impartan as materias solicitadas no centro educativo».