Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 28 de xullo de 2011 Páx. 21561

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2011, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Brión (IN408A 2011/4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Ecowarm de Galicia, S.L.

Domicilio social: lugar de Coruxido-Bastavales, s/n.

Denominación: modificación da instalación de coxeración.

Situación: Brión.

Características técnicas:

– 4 grupos motor-xerador a gas natural (GNL) Caterpillar 1.095 KWe (cos phi=0,8), con alternador síncrono a 0,4 kV, equipamentos de protección, medida e control.

– Torre de refrixeración aberta de circuíto aftercooler, sistema de bombas, valvularía, filtros e accesorios.

– Modificación e instalación de equipamentos de medida de enerxía térmica nos circuítos de recuperación de calor de gases de escape, aceite e fumes.

– Instalación interior de GNL para subministración dos motores de coxeración.

– 1 cela de medida con 3 TTs e 3 TIs, modificación das actuais celas de protección, medida e fronteira con UFD.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situado no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 15 de xuño de 2011.

Tristana Moraleja Gómez
Xefa territorial da Coruña