Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 29 de xullo de 2011 Páx. 21754

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 8 xullo de 2011, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se emprazan aos interesados nos recursos contencioso-administrativos P.O. 4186/2011 e trece máis, interpostos contra o Decreto 20/2011, do 10 de febreiro, polo que se aproba definitivamente o Plan de ordenación do litoral de Galicia.

Para os efectos de dar cumprimento ao solicitado polo presidente da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación cos recursos contencioso-administrativos que se sinalan no anexo e interpostos contra o Decreto 20/2011, do Consello da Xunta de Galicia, do 10.2.2011, polo que se aproba definitivamente o Plan de ordenación do litoral de Galicia, esta secretaría xeral técnica resolveu ordenar a remisión dos correspondentes expedientes ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas nos procedementos, que son emprazadas para que podan comparecer como demandados nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2011.

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Procedemento

Recorrente

P.O. 4186/2011

Promar Grupo Inmobiliario, S.L.

P.O. 4203/2011

Comisión Gestora del Sector SUD-5 Ciudad de la Tecnología y Parque Alto

P.O. 4206/2011

Sercoysa, Proyectos y Obras, S.A.

P.O. 4216/2011

Fernando Sobrino Nogueira

P.O. 4224/2011

Ángel González Santamaría e catro máis

P.O. 4226/2011

María Mouriz Rañal

P.O. 4230/2011

Manuel Touriño Camiña

P.O. 4233/2011

Marta Casuso Silva

P.O. 4240/2011

Luz Parente Fernández e outro máis

P.O. 4243/2011

Amparo Ferreiro Santos

P.O. 4248/2011

Residenciales Oia, S.L.

P.O. 4249/2011

Fonport, S.L. e dous máis

P.O. 4250/2011

José Camilo Díaz Molk e dous máis

P.O. 4255/2011

Fundación Sen Esquencer