A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, e pola Lei 33/2010, do 5 de agosto, no seu artigo 41.1 establece que o presidente da autoridade portuaria será designado e separado polo órgano competente da comunidade autónoma.
Para lle dar cumprimento ao disposto no dito precepto, o Consello da Xunta de Galicia acordou, o 16 de setembro de 2010, facultar a persoa titular da consellería competente en materia de portos para a designación e separación das autoridades portuarias dos portos de interese xeral do Estado en Galicia.
Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída,
DISPOÑO:
O nomeamento de Sagrario Franco Malvar como presidenta da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría.
Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2011.
Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar