En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, e para xeral coñecemento, acórdase publicar a relación das sociedades agrarias de transformación modificadas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e a orde da Consellería do Medio Rural, do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de SAT de Galicia, que se citan:
A) Modificacións:
a) A Sociedade Agraria de Transformación Carballos Altos, SAT n.º 951 XUGA, na asemblea xeral do 10 de xuño de 2011, que ratifica a do 5 de abril de 2011, toma o seguinte acordo:
1. Renovar a xunta reitora que pasa a estar composta por: Luis Ángel Orois Lage, presidente; José María Orois Lage, secretario; Jesús Orois Lage e M.ª del Carmen Lage Mourazos, como vogais.
b) A Sociedade Agraria de Transformación Casamado, SAT n.º 528 XUGA, na asemblea xeral do 13 de marzo de 2011, que ratifica á do 24 de decembro de 2011, toma os seguintes acordos:
1. Aprobar a baixa dos seguintes socios por falecemento:
– María Gaute Portela, que transmite por mortis causa, os seus títulos, a unha masa de herdeiros, representada por María Esther Carballeira Gaute, pasando a ter un total de 30 títulos.
– Jesús Ángel Fernández Álvarez, que transmite por mortis causa, os seus títulos a súa esposa e fillos. Estes véndenllos a súa nai Ana María Carballeira Gaute, pasando a ter un total de 20 títulos.
– Gelasio Alonso Gaute, que transmite por mortis causa os seus títulos a súa esposa e fillos. Estes véndenllos a súa nai María Josefa Carballeira Gaute, pasando a ter un total de 20 títulos.
2. Renovar a xunta reitora que pasa a estar composta por: María Esther Carballeira Gaute, presidenta; Celso Carballeira Gaute, secretario; María Josefa Carballeria Gaute e Ana María Carballeira Gaute, como vogais.
3. Redenominar o capital social a euros, pasando a ser de 37.142,55 €, representado por 100 títulos de 371,425500 €, cada un deles.
4. Modificar os artigos 2 e 11 do estatuto social, segundo consta na acta da asemblea.
5. Na asemblea xeral do 14 de maio de 2011, toma como acordo dar de baixa por falecemento ao socio Moisés Carballeira Gaute, que lle transmite os seus títulos á súa irmá, María Esther Carballeira Gaute, en representación da masa de herdeiros, pasando a ter un total de 40 títulos.
c) A Sociedade Agraria de Transformación Serviagro, SAT n.º 1391 XUGA, na asemblea xeral do 9 de xuño de 2011, que ratifica á do 10 de setembro de 2009 e a do 26 de outubro de 2010, toma os seguintes acordos:
1. Aprobar a baixa como socia de Casabella, SAT n.º 1036 XUGA, procedendo á devolución do capital social desembolsado no seu día, que ascende á cantidade de 400 €.
2. Aprobar a baixa do socio Jesús Veiga Sante, procedendo á devolución do capital social desembolsado, que ascende a 400 €.
3. Aprobar a alta do socio José María López Otero, achegando ao capital social un importe de 400 €, que corresponden a un título.
4. Modificar o artigo 2 do estatuto social, segundo consta na acta da asemblea.
5. Aprobar a alta de Ganadería A Chousa, S.L., cunha achega ao capital social de 400 €, que se corresponden a un título.
d) A Sociedade Agraria de Transformación Cabo da Vila, SAT n.º 1052 XUGA, na asemblea xeral do 2 de xuño de 2011, que ratifica a do 15 de xaneiro de 2011, toma o seguinte acordo:
1. Renovar a súa xunta reitora que pasa a estar composta por: Juan Carlos Escanlar Andrade, presidente; Ana Belén Táboas Teijeiro, secretaria; Manuel Escanlar Braña e María Fe Andrade Paredes, como vogais.
e) A Sociedade Agraria de Transformación Gaigo, SAT n.º 1074 XUGA, na asemblea xeral do 28 de xaneiro de 2011, toma os seguintes acordos:
1. Aprobar a baixa voluntaria das socias: Delia Fernández García e Marta Fernández Penelas, o que supón unha variación do capital social da SAT, que pasa a ser de 126.231,00 €, representado por 2.100 títulos.
2. Renovar a súa xunta reitora que pasa a estar composta por: José Luis Gómez Gayoso, presidente; Antonio Gómez Gómez, secretario; M.ª Carmen Gómez Ares e Carmen Gayoso Díez, como vogais.
3. Modificar os artigos 2 e 11 do estatuto social, segundo consta na acta da asemblea.
f) A Sociedade Agraria de Transformación Forcarei, SAT n.º 979 XUGA, na asemblea xeral do 30 de marzo de 2011, que ratifica a do 23 de decembro de 2010, a do 21 de xaneiro de 2011, e a do 10 de febreiro de 2011, toma os seguintes acordos:
1. Aprobar a modificación do enderezo social da SAT e do artigo 1 do seu estatuto, que pasa a estar en: Lugar de Quintillán, n.º 35, 36556 Forcarei (Pontevedra).
2. Aprobar a baixa voluntaria da socia María Pilar Barreiro Rivas. Esta baixa non supón unha variación no capital social, xa que o único título que ten, transmítello ao novo socio Manuel Ángel Arca Barreiro.
3. Aprobar a baixa voluntaria do socio Jesús Rivas Troitiño. Esta baixa supón unha variación do capital social da SAT que pasa de 120,02 € a 90,15 €, representados por 3 títulos de 30,05 €.
4. Renovar a súa xunta reitora que pasa a estar composta por: Manuel Ángel Arca Barreiro, presidente; Manuel Modesto Corral Torreiro, secretario; e José Pereira Canabal, como vogal.
5. Modificar os artigos 2 e11 do estatuto social, segundo consta na acta da asemblea.
g) A Sociedade Agraria de Transformación Caseiro, SAT n.º 991 XUGA, na asemblea xeral do 8 de xuño de 2011, toma os seguintes acordos:
1. Aprobar a baixa voluntaria da socia María Luz Morán González, que lle transmíte un dos dous títulos que tiña, ao socio José Ángel Valiña Lejo, e outro a José Luis Pérez Barreiro, pasando cada un deles a ter un total de 72 títulos, e un capital social cada un de 43.273,44 €.
2. Aprobar a ampliación do capital social das socias, Sonia Valiña Piñeiro e de María del Carmen Piñeiro Veiga, nun título cada unha, pasando a ter 72 títulos cada unha delas e un capital social total de 43.273,44 €.
3. Modificar os artigos 2 e 11 do estatuto social, segundo consta na acta da asemblea.
4. Aprobar a renovación da xunta reitora que pasa a estar composta por: José Luis Pérez Barreiro, presidente; José Ángel Valiña Lejo, secretario; Sonia Valiña Piñeiro e María del Carmen Piñeiro Veiga, como vogais.
h) A Sociedade Agraria de Transformación O Carboeiro, SAT n.º 1369 XUGA, na asemblea xeral do 30 de maio de 2011, toma o seguinte acordo:
1. Aprobar a realización do primeiro, e único desembolso ao capital social, do socio Roberto Lamazares Álvarez, por importe de 19.600,00 €.
i) A Sociedade Agraria de Transformación Isidro, SAT n.º 1070 XUGA, na asemblea xeral do 3 de xuño de 2011, que ratifica a do 15 de marzo de 2011, toma os seguintes acordos:
1. Aprobar a baixa voluntaria da socia, Luisa Duro Santos que lle transmite 29 títulos ao novo socio Vicente Duro Santos, e 28 títulos á nova socia Nathalia Varela Alonso.
2. Aprobar a achega ao capital social de 50.613,90 €, por parte dos novos socios Vicente Duro Santos e Nathalia Varela Alonso, que se corresponde con 15 títulos para cada un.
3. Modificar os artigos 2 e 11 do estatuto social, segundo consta na acta da asemblea.
4. Aprobar a renovación da xunta reitora que pasa a estar composta por: Vicente Duro García, presidente; Isidro Duro Santos, secretario; M.ª Carmen Santos Vaamonde, Vicente Duro Santos e Nathalia Varela Alonso, como vogais.
j) A Sociedade Agraria de Transformación Arroxo, SAT n.º 1110 XUGA, na asemblea xeral do 21 de maio de 2011, toma o seguinte acordo:
1. Aprobar a renovación da xunta reitora que pasa a estar composta por: José Manuel Pérez La Fuente, presidente; Antonio Pérez Engroba, secretario; María Mercedes Engroba Teijeiro e Delia Díaz Díaz, como vogais.
k) A Sociedade Agraria de Transformación Lavandeira, SAT n.º 950 XUGA, na asemblea xeral do 13 de xuño de 2011, toma o seguinte acordo:
1. Aprobar a renovación da xunta reitora que pasa a estar composta por: Javier García del Río, presidente; Ricardo Manuel Ramón Martínez, secretario; Josefina del Río Villaverde e María Jesús Pulleiro Blanco, como vogais.
Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2011.
José Álvarez Robledo
Director xeral de Produción Agropecuaria

