Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Martes, 9 de agosto de 2011 Páx. 22857

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 14 de xullo de 2011 polo que se publica o acordo do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña por lo que se inicia o expediente 413 de clasificación como veciñal en man común do monte Neme de Oza, promovido polos veciños da parroquia de Oza, do concello de Carballo.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, en sesión que tivo lugar o día 16 de decembro de 2010, acordou iniciar a tramitación do expediente de clasificación como veciñal en man común dos montes cuxas características se indican a seguir:

Monte: Neme de Oza.

Parroquia: Oza.

Concello: Carballo.

Superficie: 14,29 ha.

Segundo o informe do xefe da Área Técnica de Montes Veciñais en Man Común do 24.5.2011 canto aos límites e a descrición dos estremeiros do monte de Neme de Oza en resumo, son:

Norte: do punto situado na intersección da liña que une os vértices a–142 e b–142 do deslindamento do monte Neme, CUP n.º 47, co camiño que define a estrema co monte veciñal en man común denominado monte Neme e monte Longo; deste punto ao vértice g–142 do dito deslindamento co monte veciñal en man común Carballeiras e Vilar, pertencente á parroquia de Santo Martiño de Razo (expte. 298), no termo municipal de Carballo; seguindo a liña do deslindamento.

Leste: do vértice g–142 do deslindamento do monte Neme (CUP n.º 147) ao vértice 73, seguindo un valado de pedra, con propiedades particulares da parroquia de Oza.

Sur: do vértice 73 ao 95 do dito deslindamento, seguindo varios valados de pedra, con propiedades particulares da parroquia de Oza.

Oeste: do vértice 95 ao 101 cara ao cumio seguindo un valado que o separa de propiedades particulares; do 101 ao 103 á beira o camiño que vai de Oza ao monte, deixando á esquerda un valado; e do 103 ao devandito punto situado na interseción da liña que une os vértices a–142 e b–142 do deslindamento do monte Neme, CUP n.º 47, co camiño que define a estrema co monte veciñal en man común denominado monte Neme e monte Longo (expte. 374) no cal se pecha o perímetro.

En virtude do acordado polo xurado, conforme o disposto na Lei galega de montes veciñais en man común do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por medio deste edicto faise público o inicio da tramitación do expediente indicado co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 4 de setembro de 1992, de desenvolvemento da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas poidan comparecer e intervir no expediente e formular perante este xurado no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, presentando, se for o caso, a documentación que consideren conveniente ao respecto.

A Coruña, 14 de xullo de 2011.

Susana Loreta Benedeti Corzo
Instrutora

Visto e prace
Antonio Manuel Aguión Fernández
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña