O presidente do organismo autónomo Augas de Galicia, en virtude das facultades que lle confire a Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración hidráulica de Galicia, modificada pola Lei 2/1998, do 8 de abril, resolve dar publicidade á formalización da seguinte contratación:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: organismo autónomo Augas de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.
c) Número de expediente: OH315978.
d) Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://augasdegalicia.xunta.es/gl/contratacion.htm
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo de contrato: obra.
b) Descrición do obxecto: execución da obra da estación depuradora de augas residuais de Seixurra e San Román, Abegondo (A Coruña).
c) CPV: 45232420-2.
d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia n.º 31.
e) Data de publicación do anuncio de licitación: 15 de febreiro de 2011.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
4. Valor estimado do contrato: 137.103,99 euros.
5. Orzamento base de licitación. Importe base: 137.103,99 euros. Importe total: 137.103,99 € + 24.678,72 € (IVE) = 161.782,71 euros.
6. Formalización do contrato.
a) Data de adxudicación: 23 de xuño de 2011.
b) Data de formalización do contrato: 12 de xullo de 2011.
c) Contratista: Agrupconsa, S.L.
7. Importe ou canon de adxudicación. Importe base: 123.229,07 euros. Importe total: 145.410,30 euros (IVE incluído).
a) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa técnica e economicamente.
O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 138 da Lei de contratos do sector público, aprobada pola Lei 30/2007, do 30 de outubro.
Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2011.
Francisco Menéndez Iglesias
Presidente de Augas de Galicia

