Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Venres, 12 de agosto de 2011 Páx. 23128

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2011, da Dirección Xeral de Comercio, pola que se proclaman os candidatos e candidatas presentados/as á elección de vogais da Comisión Galega de Artesanía que representan os artesáns e artesás de cada provincia inscritos/as na sección terceira do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

A Orde do 10 de febreiro de 2011, de modificación da Orde do 1 de febreiro de 2005, pola que se regula o procedemento de elección para a renovación de vogais da Comisión Galega de Artesanía que representan os artesáns e as artesás inscritos/as na sección terceira do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia (DOG número 42, do 2 de marzo de 2011), establece nos seus artigos 3 e 4, que modifican os correspondentes artigos 6 e 7.3 da Orde do 1 de febreiro de 2005, a proclamación de persoas candidatas e o procedemento para emitir o voto.

Para os efectos de proceder ás votacións nun prazo de 30 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución, conforme os anexos II e III publicados no DOG número 42, do 2 de marzo, esta Dirección Xeral de Comercio

RESOLVE:

Proclamar as persoas candidatas a vogais da Comisión Galega de Artesanía que representan aos artesáns e artesas inscritos/as na sección terceira do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

– Pola provincia da Coruña:

José Manuel Salvado Sanín.

Manuel Arturo Villares Ochoa.

Juan Manuel López Casás.

Susana E. González Amado.

– Pola provincia de Lugo:

Idoia Cuesta Alonso.

Alfonso Otero Regal.

– Pola provincia de Ourense:

Olga Santos Pereira.

Concepción Outeiriño Fernández.

– Pola provincia de Pontevedra:

Isabel Neira Neira.

José Carlos Pereira Calviño.

Fernando Porto Mato.

Luís Fernández García.

Antonio Román Vázquez.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada perante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar esta publicación, tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ao seu dereito.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2011.

María Nava Castro Domínguez
Directora xeral de Comercio