Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Mércores, 17 de agosto de 2011 Páx. 23296

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 4 de xullo de 2011, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai público que se outorgou o permiso de investigación denominado Lago (expediente 6053).

A Xefatura Territorial de Lugo fai saber que por Resolución do 19 de maio de 2011 se lle outorgou á empresa Goldquest Ibérica, S.L. o permiso de investigación que a continuación se describe:

Nome: Lago.

Número de expediente: 6053.

Recurso: sección C, cinc, chumbo, prata, cobre e outros.

Termo municipal: Becerreá.

Superficie: sesenta e oito (68) cuadrículas mineiras.

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minaría, do 25 de agosto de 1978.

Lugo, 4 de xullo de 2011.

Xosé Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo