Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Martes, 23 de agosto de 2011 Páx. 25468

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 12 de agosto de 2011, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación do servizo para o desenvolvemento de novas funcionalidades na aplicación informática de xestión de persoal desta consellería. (Expediente SXSI 10/11).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Sistemas Informáticos.

c) Número de expediente: SXSI 10/11.

2. Obxecto de contrato.

a) Descrición do obxecto: o obxecto deste contrato consiste na realización do servizo para o desenvolvemento de novas funcionalidades na aplicación informática de xestión de persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. CPA-2008: 62.01.11. CPV: 72240000-9.

b) Lugar de realización do servizo: na Subdirección Xeral de Sistemas Informáticos.

c) Prazo de execución: 1 ano.

d) Admisión de prórroga: si.

e) Establecemento dun acordo marco: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 72240000-9.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 87.500,00 €. IVE (18%: 15.750,00 €). Importe total: 103.250,00 €.

5. Garantías.

Provisional: non se exixe. Definitiva: 5% do importe de adxudicación sen IVE.

6. Clasificación.

a) Clasificación da empresa: grupo V, subgrupo 2, categoría A.

7. Obtención de documentación e información.

7.1. Información:

a) Entidade: Oficina de Información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edificio San Caetano, s/n, Santiago de Compostela.

7.2. Adquisición de pregos:

a) Teléfono: 981 95 75 22 ou 981 54 44 47.

b) Domicilio: Subdirección Xeral de Sistemas Informáticos. Edificio administrativo San Caetano, s/n,15781 Santiago de Compostela.

c) Así mesmo, poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=16674

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: quince días contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ás 14.00 horas.

b) Documentación que se presentará: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1.ª) Entidade: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou por correo.

2.ª) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3.ª) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: o oitavo día hábil contado desde o día seguinte ao da finalización do prazo para presentar ofertas, ás 10.00 horas.

10. Gastos de anuncios. Por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2011.

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria