Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Martes, 23 de agosto de 2011 Páx. 25479

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2011, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, pola que se resolven os expedientes de clasificación de montes desta provincia 1/2010 e 2/2010.

Para os efectos previstos no artigo 28 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, na sesión que tivo lugar o 15 de xuño de 2011 na sala de xuntas da xefatura territorial da Consellería do Medio Rural, baixo a presidencia do xefe territorial, e coa asistencia dos vogais Miguel Cela González, David Díaz Losada, Marta Carballo Neira, José Antonio Rojo Fernández e da secretaria Lucía Belver Quiroga, ditou a resolución de clasificar como veciñais en man común os seguintes montes:

– Expediente número: 1/2010.

Denominación: de Eirexalba (ampliación).

Comunidade propietaria: veciños da parroquia de Eirexalba.

Concello: O Incio.

Superficie: 31 hectáreas, 66 áreas e 68 centiáreas.

Estremas:

Parcela n.º 1:

Norte: camiño forestal.

Sur: predios particulares de Orlando Fontecoba Carrera (polígono 1, parcela 495), MVMC de Munxidoira, Travesa, Valdalousa, Carboeiro e Chao da Gándara, dos veciños da Aira Vella, Pumar e A Rúa do Pozo, da parroquia de Óutara (exp. 5/75).

Leste: termo municipal da Pobra de Brollón.

Oeste: predios particulares de Luisa Pérez Vázquez (parcela 25 do polígono 31).

Parcela n.º 2:

Norte: predios particulares de Manuel Vázquez Rodríguez (polígono 31, parcela 146), Teresa Pantón González (polígono 31, parcela 154), Ramón González González (polígono 31, parcela 149), Manuel Vázquez Rodríguez (polígono 31, parcela 150), herdeiros de José Vázquez Reboiro (polígono 31, parcela 20), Teolindo López Freán (polígono 31, parcela 17), Pastora Macía Fernández (polígono 31, parcela 18), M.ª Victoria Cortiñas Castro (polígono 31, parcela 15), Pastora Macía Fernández (polígono 31, parcela 13), Araceli Vilela López (polígono 31, parcela 12) e estrada de Bóveda ao Incio.

Sur: MVMC de Munxidoira, Travesa, Valdalousa, Carboeiro e Chao da Gándara, dos veciños da Aira Vella, Pumar e A Rúa do Pozo, da parroquia de Óutara (exp. 5/75), MVMC de San Pedro, dos veciños de San Pedro (exp. 134/75).

Leste: predios particulares de Antonio Gallego Rivas (polígono 31, parcela 6), e MVMC dos veciños de San Pedro (exp. 134/75).

Oeste: camiño forestal.

– Expediente número: 2/2010.

Denominación: de San Vicente.

Comunidade propietaria: veciños do lugar de San Vicente.

Parroquia: Covelas.

Concello: Ribadeo.

Superficie: 8 hectáreas, 34 áreas e 4 centiáreas.

Estremas (parcela 565, polígono 3):

Norte: predio particular propiedade de Pedro García Álvarez e Dolores Pérez García (parcela 562 do polígono 3). Predio particular propiedade de Cayetano Rodríguez Fernández (parcela 559 do polígono 3). Predio particular propiedade de Eduardo Villapol Balea (parcela 566 do polígono 3).

Sur: predio particular de Eduardo Villapol Balea, Benjamín Villapol Balea, Rosario Maseda Mourelle e Preciosa Rodríguez Dafonte (parcela 485 do polígono 30). MVMC Coroa (exp. 19/75), propiedade da comunidade de Carboeiro, Silvela e Vilela, da parroquia de Covelas.

Leste: predio particular propiedade de Jesús García Álvarez (parcela 815 do polígono 24). Monte Coroa (exp. 19/75), propiedade da comunidade de Carboeiro, Silvela e Vilela, da parroquia de Covelas.

Oeste: predio particular propiedade de Andrés Tojal Rouco (parcela 564 do polígono 3).

Contra esta resolución e desde a súa notificación ou publicación, poderá interporse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, de conformidade co disposto no artigo 46.1.º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, en relación co artigo 12 da Lei de montes veciñais en man común, e o artigo 28 do seu regulamento, modificados os dous preceptos legais pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 7 de xullo de 2011.

Ramón Carballo Páez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Lugo