Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Mércores, 24 de agosto de 2011 Páx. 25546

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2011, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se fai pública a formalización de catro contratos de xestión de servizos públicos.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica de Familia e Benestar.

c) Número de expediente: 60/2010.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: xestión de servizos públicos, na modalidade de concerto.

b) Descrición do obxecto: execución de medidas xudiciais en medio aberto de menores infractores, ao abeiro da Lei orgánica 5/2000, reguladora da responsabilidade penal dos menores a través de centros de intervención educativa en medio aberto (CIEMA).

c) Lotes: si.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG n.º 89, do 9 de maio de 2011.

3. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

4.1. Lote 1: CIEMA A Coruña: 278.500,00 euros.

4.2. Lote 2: CIEMA Lugo: 81.500,00 euros.

4.3. Lote 3: CIEMA Ourense: 81.500,00 euros.

4.4. Lote 4: CIEMA Pontevedra: 163.000,00 euros.

4.5. Orzamento máximo total previsto (IVE exento): 604.500,00 euros.

5. Formalización dos contratos.

a) Data de adxudicación: 30 de xuño de 2011.

b) Data de formalización: 1 de xullo de 2011.

c) Contratistas:

c.1. Lote 1: CIEMA A Coruña: Fundación Camiña Social.

c.2. Lote 2: CIEMA Lugo: Asociación Dignidad Lugo.

c.3. Lote 3: CIEMA Ourense: Asociación Centro Trama.

c.4. Lote 4: CIEMA Pontevedra: Asociación Arela.

d) Importe de adxudicación:

d.1. Lote 1: CIEMA A Coruña: 278.250,00 euros.

d.2. Lote 2: CIEMA Lugo: 81.400,00 euros.

d.3. Lote 3: CIEMA Ourense: 79.869,96 euros.

d.4. Lote 4: CIEMA Pontevedra: 163.000,00 euros.

e) Nacionalidade: española.

f) Vantaxes da oferta adxudicataria: por ser no seu conxunto (oferta técnica e económica) a máis vantaxosa para a Administración.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2011.

Cristina Ortiz Dorda
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar