Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Mércores, 24 de agosto de 2011 Páx. 25576

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Dozón

ANUNCIO de información pública.

Isabel Civeira Rodríguez solicita deste concello licenza municipal para construción de nave para gando de carne e fosa de xurro que se situará en Covelos, Dozón cumprindo o disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no DOG– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Dozón, 27 de xullo de 2011.

Adolfo Campos Panadeiros
Alcalde