De conformidade co disposto no artigo 59.4.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, (BOE n.º 285, do 27 de novembro) modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, (BOE n.º 112, do 14 de xaneiro) de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao denunciado, cos datos persoais e último domicilio coñecido que no anexo se mencionan, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, a resolución do procedemento administrativo sancionador por infracción da Lei 27/1992, do 24 de novembro (BOE n.º 283, do 25 de novembro) de portos do Estado e da mariña mercante, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos, aprobado por O.M. do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.
O órgano competente para a resolución do expediente, de acordo coa tipificación e contía da sanción e, en virtude do disposto no artigo 39.1.º a) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo (DOG n.º 146, do 1 de agosto), é o director do ente público.
Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o presidente do Consello de Administración, segundo o establecido no acordo de delegación de competencias do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, publicado por Resolución do 1 de setembro de 2008 no DOG n.º 190, do 1 de outubro de 2008. O prazo para a interposición do dito recurso é dun mes contado a partir do día seguinte desta publicación.
Transcorrido o devandito prazo, a resolución sancionadora devirá firme e executiva e poderá facerse efectiva en período voluntario o importe da sanción, dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria (BOE n.º 302, do 18 de decembro), mediante ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Gallego, Banco Pastor, Banesto, BBVA, BHS e Novacaixagalicia), empregando o modelo impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia.
De non efectuarse o ingreso no devandito prazo, procederase á súa exacción por vía executiva.
E, para que conste e lles sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.
Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2011.
José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia
ANEXO
|
Expediente Matrícula Denunciante |
Denunciado Último enderezo coñecido |
Feito denunciado Data- hora- porto |
Precepto infrinxido |
Precepto sancionador |
Sanción proposta |
|
Sanc. 13-21-11-02 M-1989-KW Celador do porto |
Evaristo Boubeta Barcia Moureira, 87 36955 Moureira-Moaña (Pontevedra) |
Abandono de vehículo 7-10-10; 16.15 horas Moaña (Pontevedra) |
Art. 114.1 a) Lei 27/1992 Arts. 64 e 65 O.M. 12.6.1976 |
Art. 120 Lei 27/1992 |
90,15 € |

