O nomeamento dos notarios que teñan que exercer no territorio de Galicia é competencia desta comunidade autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.
Visto o expediente instruído para a provisión de notarías vacantes en virtude de concurso ordinario convocado pola resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 16 de maio de 2011 (BOE do 26 de maio), de conformidade cos artigos 23, 88 e demais concordantes do Regulamento notarial, o decreto da Xunta de Galicia 7/2011, do 20 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e demais disposicións legais autonómicas pertinentes,
RESOLVO:
Nomear as notarias e os notarios que no anexo se relacionan para prover as notarías vacantes situadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2011.
Alfonso Rueda Valenzuela
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
ANEXO
– Francisco León Gómez, notario de Padrón para a notaría de Pontevedra.
– Julián Rodicio Rodicio, notario de oposición para a notaría de Ferrol.
– Lucía Pol Domínguez, notaria de oposición para a notaría de Meira.
– Rolando Barro Vales, notario de oposición para a notaría de Mugardos.
– Ana Isabel Barrera Gayol, notaria de oposición para a notaría de Palas de Rei.
– Antonia María Franco Sarabia, notaria de oposición para a notaría de Ortigueira.
– Margarita Colunga Fidalgo, notaria de Baiona para a notaría do Porriño.
– José Carlos Hermida Plana, notario de oposición para a notaría de Forcarei.
– Faustino Rodríguez-Segade Vázquez, notario de oposición para a notaría de Pontedeume.
– Ramiro Muñoz Núñez, notario de oposición para a notaría de Verín.
– Marta Abelaira Fernández, notaria de Quiroga para a notaría de Castro de Rei.
– Ana Belén Pérez Brey, notaria de Porto do Son para a notaría de Noia.
– Ana María Losada Fernández, notaria de oposición para a notaría de Sarria.

