Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Martes, 30 de agosto de 2011 Páx. 25991

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 5 de agosto de 2011 polo que se dá publicidade ao acordo do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña polo que se inicia o expediente 415, de clasificación como veciñal en man común do monte Sestaio, promovido polos veciños dos lugares de Sestaio de Arriba e do Fondo, da parroquia de San Miguel de Sestaio, do concello de Muros.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, en sesión que tivo lugar o día 16 de decembro de 2010, acordou iniciar a tramitación do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte cuxas características se indican a seguir:

Monte: Sestaio.

Comunidade veciñal: Sestaio de Arriba e do Fondo.

Parroquia: S. Miguel de Sestaio.

Concello: Muros.

Superficie: 88,40 ha.

Segundo o informe do xefe da Área Técnica de Montes Veciñais en Man Común do 29.6.2011 o monte solicitado é parte do monte Sestaio e outros que consta no CUP co n.º 121, o deslindamento do cal foi aprobado por Orde Ministerial do 29.5.1968 (BOP do 21 de setembro) e as súas estremas son as seguintes:

Norte: do vértice 1 do deslindamento do monte Sestaio e outros (CUP n.º 121) ao 13 co monte veciñal en man común de San Xián, petencente á comunidade de San Xián de Torea, no termo municipal de Muros.

Leste: do vértice 13 do dito deslindamento do monte Sestaio e outros a un punto situado entre os vértices 15 e 16, coñecido por Portela Ancha, con máis monte veciñal en man común de San Xián; deste punto ao vértice 19 co monte veciñal de Lestón (expediente 274), e deste ao vértice 21 co monte veciñal de Sieiras, pertencente á comunidade veciñal de Lestón de Abaixo (expediente 341) no termo municipal de Muros. Dos vértices 21 ao 27 co monte veciñal en man común de Baño, da comunidade de Serres (expediente 263). Dos vértices 27 a 37 segue o valado da paraxe Laxe Negra. Dos vértices 37 ao 38 co monte veciñal en man común de Baño. Dos vértices 38 ao 48 segue o valado da paraxe Viveiro. Dos vértices 48 ao 49 co monte veciñal en man común de Baño. Dos vértices 49 ao 66 segue o valado da paraxe Calcerada. Do vértice 66 ao 73 segue o valado da paraxe Prado do Rei.

Sur: dos vértices 73 ao 74 co monte veciñal en man común de Baño, da comunidade de Serres.

Oeste: do vértice 74 ao 83 coa paraxe Rego do Prado; desta ata o vértice 90 polo valado de Campiños do Prado; deste ata o vértice 114 polo valado de Costa do Prado, e logo ata o 123 polo valado de Tras do Prado; deste ao 130 ata o 148 polo valado das Hortas; deste ao 161 polo valado de Portela do Rastro, ata o 166 polo valado das Pías; e ata o 186 polo valado do Currelo, seguindo o camiño do Fondo a Arriba ata o vértice 188, e logo ata o vértice 241 cos predios O Campo, Agro Chousa, Carril Vello, Banda do Río e Fervenza. E co río Fervenzas (xunto ao muíño de Fervenzas) volve ao vértice 1 (situado no lugar de Agra Vella onde principia a formarse o regato), que o separa do monte veciñal en man común denominado Sestaio (expediente 287), pertencente ao lugar de Eiroa, concello de Muros.

Encravados:

Encravado A: Rego dos Pozos.

Encravado B: Agro do Cubelo.

Encravado C: Prado do Rei.

Encravado D: Agro Capadamoa.

Encravado E: Agro Landeira da Fervenza.

En virtude do acordado polo xurado, conforme o disposto na Lei galega de montes veciñais en man común, do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por medio deste edicto faise público o inicio da tramitación do expediente indicado co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 4 de setembro de 1992, de desenvolvemento da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas poidan comparecer e intervir no expediente e formular perante este xurado no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, presentando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ao respecto.

A Coruña, 5 de agosto de 2011.

Augusto José Pérez-Cepeda Vila
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común da Coruña