Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Xoves, 1 de setembro de 2011 Páx. 26166

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 1 de agosto de 2011, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se notifica o trámite de audiencia realizado a un afectado, como consecuencia dun recurso de alzada contra o acordo da zona de concentración parcelaria de Novela-Liñares-Pezobrés (Santiso, A Coruña), por ser devolto polo servizo de Correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a interesada que se sinala no anexo deste anuncio o trámite de audiencia realizado como consecuencia dun recurso de alzada interposto contra o acordo da zona de concentración parcelaria de Novela-Liñares-Pezobrés (Santiso, A Coruña), por ser devolto polo servizo de Correos.

A interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, situadas en San Caetano, s/n, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do mencionado trámite de audiencia e constancia de tal coñecemento.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da interesada en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2011.

Antonio Crespo Iglesias
Director xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Expediente: trámite de audiencia.

Interesada: María Soledad Expósito Pazo.

Último enderezo coñecido: Liñares, Santiso, 15807 A Coruña.

Acto notificado: como consecuencia do recurso de alzada interposto por José Luís Taboada Expósito, contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Novela-Liñares-Pezobrés (Santiso, A Coruña) poño no seu coñecemento que se propuxo a modificación que abaixo se cita e que lle afecta a vostede.

Durante o prazo de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte á data de recepción desta notificación, poderá vostede alegar todo o que considere conveniente. No caso de que non se reciba contestación pola súa parte, entenderase a súa completa conformidade coa modificación.

Indicámoslle que esta proposta non supón ningunha adquisición de dereitos, e que está supeditada á correspondente resolución do recurso de alzada interposto.

O expediente estará á súa disposición durante o dito prazo nas oficinas do Servizo de Apoio (Concentración Parcelaria), na Consellería do Medio Rural, edificios administrativos San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

Teléfono 981 54 47 68.

- Modificación que se propón:

1. Dividir en tres o predio n.º 744 do polígono 5 do acordo, de xeito que quedaría o predio n.º 744_2 para o propietario n.º 404, cunha superficie de 1.460 m2 e un valor de 58.400 puntos.

2. Diminuír a cabida do predio n.º 601 do polígono (do propietario n.º 404) que queda cunha superficie de 3.774 m2 e un valor de 338.690 puntos.

3. Variar a configuración xeométrica do predio n.º 599 do polígono 4 (do propietario n.º 68), que queda cunha superficie de 8.903 m2 e un valor de 401.855 puntos.

Xúntanse planos de antes e despois e ficha de atribucións actualizada.