1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa da fundación.
c) Número de expediente: AB-FCT1-11-003.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: subministración de bolsas cuádruplas SAG-M con filtro desleucocitador para sangue total, bolsas cuádruplas SAG-M con filtro desleucocitador para concentrado de hemacias configuración Top-Bottom, de reactivos, consumibles e equipamento asociado para a realización automatizada da filtración e almacenamento de plaquetas de pool de buffy coat e de sistemas de fraccionamento automático para a preparación de compoñentes sanguíneos da Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia.
b) División por lotes e número: si. Catro (4) lotes.
Lote 1. Subministración de bolsas cuádruplas SAG-M con filtro desleucocitador para sangue total.
Lote 2. Subministración de bolsas cuádruplas SAG-M con filtro desleucocitador para concentrado de hemacias configuración Top-Bottom.
Lote 3. Subministración de reactivos, consumibles e equipamento asociado necesarios para a realización automatizada da filtración e almacenamento de plaquetas de pool de buffy coat.
Lote 4. Sistemas de fraccionamento automático para a preparación de compoñentes sanguíneos.
c) Lugar de entrega: os indicados no seu momento pola dirección do centro.
d) Prazo de execución: 12 meses desde a sinatura do contrato.
e) Duración do contrato: 12 meses desde a sinatura do contrato.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma de adxudicación: oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os múltiples criterios contidos no prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Orzamento base de licitación: total contratación: 1.889.218,00 euros (IVE non incluído).
5. Garantía provisional: non.
6. Obtención da documentación e información.
a) Entidade: Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia.
b) Domicilio: avda. Monte da Condesa s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15706.
d) Teléfonos: 881 54 69 00.
e) Telefax: 981 59 31 51.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata as 14.00 horas do día 10 de outubro de 2011.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 10 de outubro de 2011.
b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral da Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia.
d) Admisión de variantes: non.
9. Apertura das ofertas:
a) Entidade: Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia (sala de xuntas).
b) Domicilio: avda. Monte da Condesa, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15706.
d) A data e a hora: as indicadas no perfil do contratante e notificadas telematicamente aos licitadores admitidos.
10. Outras informacións: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Gastos de anuncios: si; serán por conta do adxudicatario. Véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.
12. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 30 de agosto de 2011.
13. Páxina web onde se pode obter información relativa á convocatoria ou onde se poden obter os pregos: perfil do contratante: www.sergas.es
Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2011.
María Inmaculada Rodríguez Calvo
Directora técnica da Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia

