Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Martes, 6 de setembro de 2011 Páx. 26400

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2011 pola que se fai público o nomeamento dun novo membro do tribunal que xulgará o proceso selectivo para o acceso á categoría superior da subescala de intervención-tesouraría da escala de funcionarios/as con habilitación de carácter estatal.

Mediante Resolución do 6 de agosto de 2010, do director xeral de Administración Local, convocouse proceso selectivo para o acceso á categoría superior da subescala de intervención tesouraría, da escala de funcionarios/as con habilitación de carácter estatal.

Mediante Resolución do 7 de outubro de 2010, do director xeral de Administración Local, resolveuse o recurso de reposición á devandita convocatoria.

Mediante Resolución do 20 de outubro de 2010, da Dirección Xeral de Cooperación Local, dáse publicidade á convocatoria de probas selectivas para o acceso á categoría superior da subescala de intervención tesouraría, da escala de funcionarios/as con habilitación de carácter estatal efectuada pola Comunidade Autónoma de Galicia.

Mediante Resolución do 20 de xaneiro de 2011, do director xeral de Administración Local, aprobouse a relación provisional de admitidos e excluídos ás devanditas probas con indicación das causas de exclusión, e fixouse un prazo de dez días, contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución, para formular as alegacións que se considerasen oportunas.

Mediante Resolución do 20 de maio de 2011, do director xeral de Administración Local, apróbase a lista definitiva de admitidos ao proceso selectivo, a data do exame e desígnase a composición do tribunal cualificador do devandito proceso.

Mediante Resolución do 22 de xuño de 2011, do director xeral de Administración Local, publicouse o nomeamento dun novo membro do tribunal por concorreren noutro causas de abstención.

Visto que en Alfonso García Magariños, 1.º vogal e secretario do tribunal, concorren causas de abstención conforme o artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, esta dirección xeral, no uso das competencias que lle atribúe o artigo 15.1.º do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de función pública de Galicia, en relación coa Orde do 12 de setembro de 2005, sobre delegación de competencias,

RESOLVE:

Primeiro. Aceptar a renuncia de Alfonso García Magariños, 1.º vogal e secretario do tribunal.

Segundo. Nomear a María del Carmen Rodríguez Mujico, ata o de agora 1.ª vogal suplente do secretario, como 1.ª vogal e secretaria do tribunal.

Terceiro. Nomear a Alberto Escariz Couso, tesoureiro Concello de Vigo, 1.º vogal suplente da secretaria do tribunal.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderá interporse directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2.º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1.º do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2011.

P.D. (Orde 12.9.2005; DOG n.º 177, do 14 de setembro)
José Norberto Uzal Tresandí
Director xeral de Administración Local