Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Martes, 6 de setembro de 2011 Páx. 26408

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 2011, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Marcos Novo Rosario.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número dous de Lugo tramítase o recurso 208/2011-D (procedemento abreviado) interposto por Marcos Novo Rosario, contra a desestimación do recurso de reposición interposto contra a Resolución do 4 de febreiro de 2011, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso na categoría de persoal de enfermaría (ATS/DUE) do Servizo Galego de Saúde, relativos á baremación definitiva da fase de concurso e á presentación da documentación dos definitivamente seleccionados/as (convocado pola Resolución do Servizo Galego de Saúde do 18.2.2009. DOG n.º 40, do 26.2.2009).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2011.

Esperanza Fernández Lago
Directora de Recursos Humanos