Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Venres, 9 de setembro de 2011 Páx. 26720

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 2011, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica L.M.T. e C.T., rúa Vicente Risco, 8, concello de Xinzo de Limia (expediente IN407A 2011/56-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica:

Solicitante: Unión Fenosa Distrubución, S.A.

Enderezo social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: L.M.T. e C.T. rúa Vicente Risco, 8.

Situación: Xinzo de Limia.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV, 250 m con condutor R.H.Z.1 e orixe na L.M.T. existente San Sebastián 33 (32CCRT) e remate no C.T. prefabricado na planta baixa do edificio de 400 kVA e R/T 20.000/400-230 V. Orzamento: 36.758,09 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta jefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4.º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 18 de agosto de 2011.

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense