Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Mércores, 14 de setembro de 2011 Páx. 27077

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 31 de agosto de 2011, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se comunica a realización da poxa pública dos bens/dereitos que se describen.

O día 24 de outubro de 2011, ás 10.00 horas, no salón de actos do edificio administrativo da Xunta de Galicia de Lugo (sito na rolda da Muralla, 70) terá lugar a poxa pública dos bens/dereitos que se describen a continuación:

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1.ª

Tramos

Lote 1.1

Predio 19.505. Tomo 783, libro 202, folio 5. Urbano. Vivenda composta de planta baixa e alta sita en camiño dos Martices, 4, en San Miguel de Reinante, municipio de Barreiros. Ocupa a superficie total construída de douscentos trinta metros cadrados sobre un terreo de mil catrocentos corenta e seis metros cadrados. Ref. catastral 5929011 PJ 4252 N 0001 MS. Titularidade: Santiago Acevedo Iglesias, pleno dominio con carácter ganancial por título de compravenda.

114.014,25

112.143,46

1.870,79

100,00

Lote 1.2

Predio 19.506. Tomo 783, libro 202, folio 7. Urbano. Solo urbano sito no camiño dos Martices 19, en San Miguel de Reinante, municipio de Barreiros. Ocupa a superficie de cento corenta e oito metros cadrados. Ref. catastral 5929024 PJ 4252 N 0001 KS. Titularidade: Santiago Acevedo Iglesias, pleno dominio con carácter ganancial, por título de compravenda.

1.184,00

23.547,51

1.184,00

100,00

Lote 1.3

Predio 19.507. Tomo 783, libro 202, folio 9. Urbano. Solo urbano de forma triangular sito no camiño dos Martices 6, en San Miguel de Reinante, municipio de Barreiros. Ocupa a superficie de cincuenta e un metros cadrados. Ref. catastral 5829304 PJ 4252 N 0001 RS. Titularidade: Santiago Acevedo Iglesias, pleno dominio con carácter ganancial, por título de compravenda.

408,00

22.715,23

408,00

100,00

Lote 1.4

Predio 19.508. Tomo 783, libro 202, folio 11. Urbano. Solo urbano sito no camiño dos Martices 2, en San Miguel de Reinante, municipio de Barreiros. Ocupa a superficie de cento setenta e nove metros cadrados. Ref. catastral 5829302 PJ 4252 N 0001 OS. Titularidade: Santiago Acevedo Iglesias, pleno dominio con carácter ganancial, por título de compravenda.

1.432,00

23.824,95

1.432,00

100,00

Lote 2.Único

Predio 102.700 N. Tomo 1529, libro 1090, folio 14. Urbano. Edificio, predio que se encontra horizontalmente dividido en catro predios, rexistrais 115.426-1, 115.428, 115.430 e 115.432, sito na rúa Tinería 7-9 da cidade de Lugo. Ocupa a superficie construída total de cincocentos setenta e dous metros e dous decímetros cadrados, e ocupa no terreo a nivel de planta baixa a total superficie do terreo. Componse o edificio de planta baixa, dúas plantas altas con dúas vivendas por planta e un local baixo cuberta. Ref. catastral 7532029PH1673B0001YZ e 7532030PH1673B0001AZ. Titularidade: M.ª Elva Armesto Díaz, pleno dominio, con carácter privativo, por título de agrupación e obra nova.

993.884,76

559.711,35

434.173,41

1.000,00

Lote 3.Único

Predio 22.558. Tomo 441, libro 203, folio 69. Terreo, Circundo Casa Parrocha Finca Porta, no lugar de Nete, municipio de Vilalba. Ocupa a superficie de catro mil catrocentos noventa metros cadrados. É a parcela 483 do polígono 158. Ref. catastral 27065 A 158004830000 ML. Sobre este terreo existe a seguinte edificación: vivenda unifamiliar composta de planta baixa e alta. Ocupa a superficie útil de cento noventa e catro metros e quince decímetros cadrados. Titularidade: Víctor Manuel Blanco Paz, 100% do pleno dominio con carácter privativo por título de compravenda e doazón e obra nova.

234.011,44

293.500,00

2.556,52

200,00

Lote 4.Único

Predio 4.499. Tomo 1004, libro 48, folio 72. Rústico. Chairo do Porto, terreo de cincuenta e nove áreas e sito no lugar de Luaces, municipio de Pol. Sobre esta leira existe unha casa de planta baixa de sesenta e tres metros cadrados de superficie. Lindes: norte, regato do Rego do Porto; sur, parcela segregada de Jesús Bermejo Martínez e estrada; leste, María Prados; e oeste, Concepción Fernández, parcela segregada de Jesús Bermejo. Ref. catastral predio. 27046A071000490000IW. Ref. catastral casa. 000100200PH37F0001QH. Titularidade: Miguel Ángel Carballés Cando, 100% do pleno dominio, con carácter privativo.

127.896,00

40.574,27

87.321,73

500,00

Lote 5.Único

Predio 115.591. Tomo 1762, libro 1323, folio 181. Urbano. Local E, situado en parte do entresollado do edificio da rúa Antonio Rosón 1, do Polígono de Augas Férreas, na cidade de Lugo. Ocupa a superficie útil aproximada de cincuenta e catro metros cadrados. Ref. catastral 8518203PH1681N0047WK. Titularidade: Centro de Negocios Lugo, S.L., pleno dominio, por título de compravenda.

92.982,33

46.200,41

46.781,92

500,00

Lote 6.Único

Predio 49.682 N. Tomo 992, libro 553, folio 123. Urbano. Piso primeiro do edificio sito na rúa da Raíña 5 da cidade de Lugo. Ocupa a superficie construída de cento dez metros cadrados. Ref. catastral 7832010PH1673D0007TX. Titularidade: Xaime da Pena Ceide, con carácter ganancial, por título de compra.

253.552,32

110.012,11

143.540,21

500,00

Lote 7.Único

Predio 15.489. tomo 411, libro 185, folio 8. Urbano. Nave para almacén de cincuenta metros cadrados, en Fabilos, Noche, municipio de Vilalba. Ten como anexo unha nave de vinte e cinco metros cadrados e outro alpendre de vinte e cinco metros cadrados. Consta de planta baixa de forma rectangular cunha superficie total construída de cen metros cadrados. Titularidade: Efher Importación, S.L., 100 % do pleno dominio por título de compravenda e obra nova.

102.828,00

101.444,00

1.384,00

100,00

Lote 8.Único

Predio 28.152. tomo 524, libro 249, folio 166. Rústico. Forfeitos, destinado a prado e improdutivo que ocupa a superficie de catro áreas e cincuenta e seis centiáreas e sito na parroquia da Torre, municipio de Vilalba. Encóntrase encravada unha casa antiga de labranza no lugar de Pena 104, composta de planta baixa e alta que ten unha superficie total construída a vivenda de oitenta e nove metros cadrados. Lindes: norte e oeste, autovía A-8 do Cantábrico; sur e leste, camiños. Correspóndese coa parcela 188 do polígono 149. Ref. catastral 000400200 PH 08 G 0001 HU. Titularidade: José Andrés Felpeto Prado por título de compravenda.

20.587,64

129.052,26

307,75

100,00

Lote 9.1

Urbano. Vivenda, casa en estado ruinoso no lugar de Veiga, municipio de Chantada, chamada Do Bolaño, de vinte e sete metros cadrados no seu interior. Titularidade: Marcos Antonio Fernández Montes, por título de compravenda.

347,94

Sen cargas

347,94

100,00

Lote 9.2

Rústico. Da Rigueira, pasto secaño dunhas trinta e unha áreas e oito centiáreas e sita na parroquia de Veiga, municipio de Chantada. Titularidade: Marcos Antonio Fernández Montes, por título de compravenda.

1.978,62

Sen cargas

1.978,62

100,00

Lote 9.3

Rústica. Da Curtiña, horta dunhas sesenta e tres áreas e sita na parroquia de Veiga, municipio de Chantada. Titularidade: Marcos Antonio Fernández Montes, por título de compravenda.

65,42

Sen cargas

65,42

50,00

Lote 9.4

Rústica. Dos Coios, labradío secaño que ocupa a superficie dunhas dezaseis áreas e oitenta centiáreas e sito na parroquia de Veiga, municipio de Chantada. Titularidade: Marcos Antonio Fernández Montes, por título de compravenda.

1.492,30

Sen cargas

1.492,30

100,00

Lote 9.5

Rústica. De Cotos, labradío secaño de dezasete áreas e tres centiáreas e sito en Veiga, municipio de Chantada. Titularidade: Marcos Antonio Fernández Montes, por título de compravenda.

1.123,91

Sen cargas

1.123,91

100,00

Lote 9.6

Rústica. Trigal labradío dunhas catorce áreas e sete centiáreas e sito en Veiga, municipio de Chantada. Titularidade: Marcos Antonio Fernández Montes, por título de compravenda.

1.249,80

Sen cargas

1.249,80

100,00

Lote 9.7

Rústica. Nabeira de Riba da Manga, labradío secaño dunhas seis áreas e trinta centiáreas e sito en Veiga, municipio de Chantada. Titularidade: Marcos Antonio Fernández Montes, por título de compravenda.

559,61

Sen cargas

559,61

100,00

Lote 9.8

Rústica. Merio, monte dunhas dez áreas e oito centiáreas e sito en Veiga, municipio de Chantada. Titularidade: Marcos Antonio Fernández Montes, por título de compravenda.

256,67

Sen cargas

256,67

100,00

Lote 9.9

Rústica. Chousa da Nabeira de Riba, carballeira dunhas seis áreas e cincuenta e seis centiáreas e sito en Veiga, municipio de Chantada. Titularidade: Marcos Antonio Fernández Montes, por título de compravenda.

251,98

Sen cargas

251,98

100,00

Lote 9.10

Rústica. Ramil, viña e monte sitos na parroquia de Sabadelle, municipio de Chantada que ocupa a superficie dunhas dezasete áreas e oitenta e cinco centiáreas. Titularidade: Marcos Antonio Fernández Montes, por título de compravenda.

1.384,82

Sen cargas

1.384,82

100,00

Lote 10.Único

Predio 105.169 N. Tomo 1537, libro 1098, folio 197. Urbano. Piso segundo B no edificio da rúa Músico Mestre Soutullo 27-29, na cidade de Lugo. Ocupa a superficie útil de setenta e cinco metros e trinta e seis decímetros cadrados. Correspóndenlle como anexos: unha praza de garaxe sinalada co número 5 na planta soto e un rocho, número 5 no entresollado. Ref. catastral 6629027PH1662N0006KZ. Titularidade: Raúl Folgueira Martínez, pleno dominio con carácter privativo por título de compra.

220.418,16

59.836,61

160.581,65

500,00

Lote 11.Único

Predio 7948. Tomo 1639, libro 1200, folio 167. Urbano. Casa que consta de planta baixa e tres pisos altos na rúa Bispo Aguirre 8, con entrada tamén por rúa Vilalba 5, na cidade de Lugo. Ocupa a superficie aproximada de cento noventa metros cadrados. Ref. catastral 7829803 PH 1672 N 0001 KB pola rúa Bispo Aguirre e 7829819 PH 1672 N 0001 BB pola rúa Vilalba. Titularidade: Promotora Obispo Aguirre 8, S.L., pleno dominio por título de compra.

438.380,77

Sen cargas

438.380,77

1.000,00

Lote 12.1

Predio 20.264. Tomo 1621, libro 1182, folio 166. Urbano. Casa sinalada co número 11 na rúa Río Landro na cidade de Lugo. Componse soamente de planta baixa á que é adherente e con ela forma un só predio un anaco de terreo duns mil cento dous metros cadrados; todo isto constitúe un só terreo da cabida aproximada de mil cento sesenta e dous metros cadrados. Ref. catastral da casa 6827808 PH 1662 N 0001 LH e do terreo 6827809 PH 1662 N 0001 EH. Titularidade: Jesús Rosón de la Fuente, 100% do pleno dominio con carácter privativo por título de compravenda.

115.600,00

Sen cargas

115.600,00

500,00

Lote 12.2

Predio 75.448 N. Tomo 1185, libro 746, folio 93. Urbano. Piso quinto posterior dereita, letra E, no edificio da rúa Azalea 6, facendo esquina coa rúa Río Ulla, da cidade de Lugo. Ocupa a superficie útil de trinta e seis metros e dezaseis decímetros cadrados. Titularidade: Jesús Rosón de la Fuente, 100% do pleno dominio con carácter privativo por título de compravenda.

70.041,92

Sen cargas

70.041,92

500,00

Lote 12.3

Predio 107.864 N. Tomo 1627, libro 1188, folio 80. Urbano. Casa, coñecida como De Simón, sinalada co número 11 do lugar de Vilamoure, na parroquia de Saa, municipio de Lugo. Ocupa a superficie total construída aproximada de cento sesenta e catro metros cadrados, sobre un soar dunha área e cincuenta e catro centiáreas. Titularidade: Jesús Rosón de la Fuente, 100% do pleno dominio con carácter privativo por título de compravenda.

35.779,80

Sen cargas

35.779,80

500,00

Lote 12.4

Predio 4302. Tomo 417, libro 63, folio 184. Urbano. Edificio na rúa Blanco Amor s/n, na vila das Nogais que ocupa a superficie construída de catrocentos cincuenta e catro metros e corenta e seis decímetros cadrados e consta de soto, planta baixa, dúas plantas altas e baixo cuberta. Titularidade: Jesús Rosón de la Fuente, 100% do pleno dominio con carácter privativo por título de compravenda.

174.967,10

Sen cargas

174.967,10

500,00

Lote 13.Único

Predio 6392. Tomo 423, libro 64, folio 5. Rústico. Leiro e casa de Castro, que ocupa a superficie aproximada de vinte e dúas áreas e dezaseis centiáreas e sito en Galegos, municipio de Láncara, ref. catastral 27026 A 023012410000 ZM. Sobre este terreo existe a seguinte edificación: casa, coñecida co nome de casa de Castro, ref. catastral 002400700 PH 34 D 0001 HH, de planta baixa e alta que ocupa unha superficie total construída de cincocentos vinte e sete metros cadrados, e ocupa no soar unha superficie de trescentos trinta e nove metros cadrados. Titularidade: Manuel Valcárcel Tallón, pleno dominio con carácter ganancial por título de agrupación e obra nova.

102.804,34

107.820,12

1.507,51

100,00

Lote 14.1

Predio 114.470. Tomo 1740, libro 1301, folio 96. Urbano. Vivenda, letra A na segunda planta alta do edificio sito na rúa Alcalde Manuel Portela na cidade de Lugo. Ocupa a superficie útil aproximada de setenta e tres metros con corenta e seis decímetros cadrados. Correspóndenlle como anexos na planta semisoto un espazo para aparcadoiro sinalado co número oito e un rocho sinalado co número vinte e cinco. Ref. catastral 6552069 PH 1665 S 0027 DE. Titularidade: María José Gavín Seoane, pleno dominio con carácter privativo por título de compravenda.

127.384,07

82.188,96

45.195,11

500,00

Lote 14.2

Predio 99.741 N. Tomo 1449, libro 1010, folio 181. Urbano. Vivenda, letra E, na planta primeira do edificio sito con fronte ás rúas Rafael Dieste, Cánovas del Castillo e Estrada da Granxa na cidade de Lugo. Ocupa a superficie útil aproximada de cento doce metros e setenta e tres decímetros cadrados. Ref. catastral 8317903 PH 1681 N 0032 YY. Correspóndelle como anexo o rocho en soto primeiro e grafado como 1.º L. Titularidade: María José Gavín Seoane, pleno dominio por título de compra con carácter privativo.

198.673,65

133.352,30

65.321,35

500,00

Lote 15.Único

Dereitos hereditarios que ao debedor Carlos Gómez Gómez lle poidan corresponder sobre a herdanza de Dolores Gómez Dopacio, falecida o 15 de xullo de 2005, sendo declarado herdeiro Carlos Gómez Gómez segundo testamento aberto con número de protocolo 325 da notaria Fátima Vázquez Espierrez, de Mondoñedo; segundo expediente de sucesións n.º 2006/27/005/00014 presentado na Oficina Liquidadora de Mondoñedo.

34.412,78

Sen cargas

34.412,78

500,00

Lote 16.Único

Predio 26.987. Tomo 1145, libro 706, libro 217. Urbano. Vivenda situada na planta baixa ou primeira á dereita entrando do bloque número catro do polígono do Sagrado Corazón, barrio de Burozos, da cidade de Lugo. Ocupa a superficie útil de sesenta metros e setenta e tres decímetros cadrados. Ref. catastral 8240911 PH 1684 S 0001 GB. Titularidade: Mara Gabarri Montoya, pleno dominio, por título de compra.

40.805,85

22.119,33

18.686,52

500,00

Lote 17.1

Predio 14.289. Tomo 749, libro 309, folio 198. Urbano. Vivenda na terceira planta alta do edificio sito na avenida Xeneral Franco 102, na vila de Monforte de Lemos. Ocupa a superficie de noventa e sete metros cadrados. Correspóndelle como anexo o rocho número dous sito na planta baixa, debaixo do tramo de escaleiras. Ref. catastral 2485009 PH 2028 N 0004 HK. Titularidade: Manuel Sánchez Pérez, 100% do pleno dominio con carácter privativo.

71.556,10

50.533,00

21.023,10

500,00

Lote 18.Único

Predio 7063. Tomo 973, libro 66 de Castro de Rei, folio 213. Urbano. Sobre a leira Arios dos Campos, destinada a labradío e cunha superficie de sete áreas e cincuenta centiáreas, hai construída a seguinte edificación: casa de planta baixa e dous pisos altos no lugar de Castro, parroquia de Ribeiras de Lea, municipio de Castro de Rei. Ocupa a súa base unha superficie de cento trinta e cinco metros cadrados e corenta e cinco decímetros cadrados; a planta primeira e segunda de cento cincuenta e seis metros de superficie total cada unha; e a planta baixo cuberta duns setenta metros cadrados útiles aproximadamente. Ref. catastral 002301300PH27G0001GZ. Titularidade: M. Marta Palmeiro Novo, pleno dominio con carácter ganancial por título de compravenda e renuncia de usufruto.

337.788,00

316.208,86

21.579,14

500,00

Lote 19.Único

Predio 4. Tomo 824, libro 324, folio 85. Urbano. Casa, sinalada co número 50 na rúa Pastor Díaz, na vila de Viveiro, parroquia de Santiago. Ocupa a superficie de 58,5 metros cadrados. Entre esta casa e outra dos herdeiros de Manuel Casas Castelo existe un alpendre que corresponde por metade a cada unha das devanditas casas. Ref. catastral 3353702 PJ 1335 S 0002 MP. Titularidade: Leandro Javier Pernas Viña, 100% do pleno dominio con carácter privativo por título de herdanza.

354.189,75

379.978,44

16.100,09

500,00

Lote 20.1

Predio 101.204 N. Tomo 1500, libro 1061, folio 32. Urbano. Vivenda piso letra A na segunda planta alta do edificio sito na rúa das Lousas 14, esquina rúa Illa de Madeira da cidade de Lugo. Ocupa a superficie aproximada de noventa metros cadrados. Correspóndelle como anexo o rocho sinalado co número 6 na planta baixo cuberta. Ref. catastral 7152106 PH 1675 S 0011 SJ. Titularidade: Juan Carlos Rouco Redondo, 100% do pleno dominio con carácter ganancial.

128.609,42

160.266,28

1.953,29

100,00

Lote 20.2

Predio 106.802 N. Tomo 1605, libro 1166, libro 173. Urbano. praza de garaxe, sinalada co número dous no soto segundo do edificio da rúa das Lousas 14, esquina Illa de Madeira. Ref. catastral 7152106 PH 1675 S 0033 TP. Titularidade: Juan Carlos Rouco Redondo, 100% do pleno dominio con carácter ganancial.

6.000,00

144.011,51

1.953,29

100,00

Lote 21.Único

Predio 61.445. Tomo 1096, libro 657, folio 65. Urbano. Prazas de garaxe, sinaladas cos números 48, 49 e 50 no edificio sinalado cos números 19, 21 e 23 da avenida de Montero Ríos, na cidade de Lugo que se vinculan ao edificio da Avenida de Montero Ríos 11. A número 48 ao piso primeiro, a 49 ao piso segundo e a 50 ao piso cuarto. Titularidade: Alberto Celada Prado, núa propiedade de 1/50 ava parte indivisa que se concreta na praza 49 con usufruto vitalicio a favor de María Ramona Celia Prado López, por título de partición de herdanza outorgada en Celanova, o 19 de agosto de 2009, ante o notario Sr. Rodríguez Dapena, número 2118 do seu protocolo. Ref. catastral 8134006PH1683S0019GK.

12.368,07

Sen cargas

12.368,07

500,00

Lote 22.Único

Predio 61.445. Tomo 1096, libro 657, folio 65. Urbano. Prazas de garaxe, sinaladas cos números 48, 49 e 50 no edificio sinalado cos números 19, 21 e 23 da avenida de Montero Ríos, na cidade de Lugo que se vinculan ao edificio da avenida de Montero Ríos 11. A número 48 ao piso primeiro, a 49 ao piso segundo e a 50 ao piso cuarto. Titularidade: María Celada Prado, núa de 1/50 ava parte indivisa que se concreta na praza número 50 con usufruto vitalicio a favor de María Ramona Celia Prado López, por título de partición de herdanza outorgada en Celanova o 19 de agosto de 2009, ante o notario Sr. Rodríguez Dapena, número 2118 do seu protocolo. Ref. catastral 8134006PH1683S0020DH.

12.368,07

Sen cargas

12.368,07

500,00

De conformidade co disposto no artigo 101 do Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, faise constar:

a) Están á disposición dos interesados na Zona de Recadación de Lugo, rúa Conde 30, baixo, onde poden ser examinados ata o día anterior ao da poxa, os expedientes de constrinximento en que constan os títulos de propiedade dos bens ou dereitos poxados e o estado das súas cargas e gravames, cos que se deberá conformar, sen ter dereito a exixir outros.

b) Cando se trate de bens ou dereitos inscritibles nos rexistros públicos, os licitadores non poderán exixir outros títulos de propiedade que os achegados no expediente. De non estaren inscritos os bens ou dereitos no rexistro, o documento público de venda é título mediante o que pode efectuarse a inmatriculación nos termos previstos na lexislación hipotecaria, e, nos demais casos en que sexa preciso, deberán proceder, se lles interesa, como dispón o título VI da Lei hipotecaria para levar a cabo a concordancia entre o rexistro e a realidade xurídica.

c) As cargas e gravames que subsistisen ao crédito dos executantes continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

d) No tipo da poxa non se inclúen os impostos indirectos que graven a transmisión dos bens ou dereitos.

e) Obriga de constituír ante a mesa da poxa, con anterioridade á súa realización, un depósito do 20% do tipo da poxa. De forma motivada poderá reducirse este depósito ata un mínimo do 10 por cento. Se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, o dito depósito aplicarase á cancelación da débeda, sen prexuízo das responsabilidades en que poidan incorrer polos prexuízos que orixine a falta de pagamento do prezo do remate.

O depósito constituirase mediante cheque que cumpra os requisitos establecidos no artigo 35.1 do Regulamento xeral de recadación ou por calquera outro medio que se habilite para o efecto.

f) A poxa suspenderase en calquera momento anterior á adxudicación de bens ou dereitos se fai o pagamento da contía establecida no artigo 169.1 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

g) O adxudicatario entregará, no acto da adxudicación ou dentro dos 15 días seguintes, a diferenza entre o depósito constituído e o prezo da adxudicación.

h) Admitiranse ofertas en sobre pechado. Neste caso, a mesa de poxa substituirá os licitadores, poxando por eles na forma prevista para o efecto.

i) Logo da realización da primeira licitación, a mesa poderá acordar a realización dunha segunda licitación, logo de deliberación da súa conveniencia. Neste caso admitiranse poxas que cubran o novo tipo, que será o 75% do tipo da poxa na primeira licitación.

j) De conformidade co disposto no artigo 107 do Regulamento xeral de recadación e de quedaren bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa por prazo de seis meses, podéndose presentar ofertas en sobre pechado a partir dese momento á mesa da poxa.

A mesa da poxa abrirá as ofertas presentadas ao remate do prazo do mes seguinte ao do seu inicio, podendo proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas ou mellora das xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento; e así sucesivamente, co límite total de seis meses.

Lugo, 31 de agosto de 2011.

Gonzalo Vázquez Rivas
Xefe territorial de Lugo e presidente da mesa