Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Xoves, 15 de setembro de 2011 Páx. 27158

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura e Turismo

ORDE do 1 de setembro de 2011 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Cultura e Turismo mediante a Orde do 30 de xuño de 2011 (DOG n.º 136, do 15 de xullo), de conformidade co establecido na base sexta da referida orde, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica á funcionaria que se relaciona no anexo desta orde.

Segundo. O cesamento no destino actual da funcionaria que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ao cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente a funcionaria preste servizo, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base sétima da convocatoria.

Terceiro. O xefe do centro en que cause baixa a funcionaria, así como o daquel en que obteña praza, consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no número anterior, a correspondente dilixencia de cesamento e toma de posesión, da cal se lle dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2011.

P.D. (Orde 2.5.2009)
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura e Turismo

ANEXO

Apelidos e nome: Rosario Fernández-Albalat Ruiz.

NRP ou DNI: 3244315757 A2061.

Grupo: A1.

Corpo ou escala: facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de arquitectos.

Posto de traballo: Servizo de Patrimonio Cultural.

Código do posto: CU.C99.10.000.15001.068.

Nivel: 28.

Dependencia: Xefatura Territorial.

Localidade: A Coruña.