Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Enderezo social: Travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: C.D. e L.M.T. reordenación vila do Porriño.
Situación: O Porriño.
Descricións técnicas:
L.M.T. subterránea a 15 kV con condutor tipo R.H.Z.-1 estruturada nos seguintes tramos:
654 metros; orixe: C.D. proxectado; final: L.M.T.S. ao C.T. praza de abastos.
263 metros; orixe: C.D. proxectado; final: L.M.T.S. ao C.T. rolda do Louro 4.
442 metros; orixe: C.T. Xogo da Ola 5; final: L.M.T.S. ao C.T. Manuel Rodríguez 114.
88 metros; orixe: tramo ATI73101070; final: tramo ATI726022.
220 metros; orixe: C.D. proxectado; final: L.M.T. A. ATI7330052.
Centro de distribución con celas prefabricadas baixo envolvente metálica con corte en SF6.
A instalación está situada no Porriño.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, edificio administrativo avda. Fernández Ladreda, 43-5.º, 36003 Pontevedra, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 19 de agosto de 2011.
P.A. (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009, do 11 de xuño)
Eugenio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Administración Industrial

