Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Xoves, 15 de setembro de 2011 Páx. 27186

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de licitación (expediente 58/11).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: 58/11.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: contratación da subministración e instalación de novos semáforos e sistemas de seguridade e regulación do tráfico do Concello de Ourense.

b) Lugar: Ourense.

c) Prazo de execución: 60 días desde a data de sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 61.889,76 euros máis 11.140,16 euros en concepto de IVE, facendo un total de 73.029,92 euros.

5. Garantías:

a) Definitiva: o adxudicatario deberá constituír unha fianza definitiva do 5% do importe de adxudicación do contrato, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Servizo de Contratación.

b) Enderezo: praza Maior n.º 1.

c) Localidade e código postal: Ourense (32005).

d) Teléfono: 988 39 30 41.

e) Páxina web: www.ourense.es

7. Recollida de documentación: web: www.ourense.es

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados a partir do seguinte a aquel no que apareza o derradeiro anuncio no BOP e DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada na cláusula 11 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Ourense, sito na Praza Maior n.º 1 ,Ourense (32005) das 9.00 ás 13.00 horas.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Concello de Ourense, no salón de sesións.

b) Enderezo: praza Maior, n.º 1.

c) Data: o día que se sinale no taboleiro de anuncios ou perfil do contratante do Concello de Ourense.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Ourense, 19 de agosto de 2011.

Francisco Rodríguez Fernández
Alcalde