Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Mércores, 21 de setembro de 2011 Páx. 27845

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2011, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.A. número 489/2011, interposto por Ramón Aguirre Seoane.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.A. 489/2011, interposto por Ramón Aguirre Seoane, contra a Resolución do 29 de abril de 2011, da Consellería de Facenda, pola que se desestima o recurso de alzada formulado contra o Acordo do 9 de novembro de 2010 do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de promoción interna no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, pola que se desestiman as alegacións formuladas en relación coa nota do segundo exercicio da fase de oposición.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2011.

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública