Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Martes, 27 de setembro de 2011 Páx. 28233

I. Disposicións xerais

Consellería do Mar

ORDE do 9 de maio de 2011 pola que se modifica a Orde do 4 de novembro de 2008 pola que se establecen as materias que se imparten e as especialidades do profesorado dos centros de ensino pesqueiro e se regula a equivalencia para os efectos de docencia e o procedemento para a cobertura de carácter temporal de prazas de profesores numerarios e mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros.

A Lei 12/1992, de 9 de novembro, de creación de determinadas escalas de persoal funcionario ao servizo da Xunta de Galicia, crea escalas de profesores numerarios e mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, establecendo os requisitos xerais de titulación para o acceso a cada unha delas.

Ademais, a disposición transitoria segunda do Decreto 428/1993, do 17 de decembro, polo que se regula e refunde a normativa en materia de formación náutico-pesqueira, habilita a Consellería do Mar para aprobar as titulacións requiridas para os efectos de equivalencia para a docencia nas materias que deben impartir os profesores numerarios e mestres de taller das escalas citadas.

Debido aos importantes cambios na oferta formativa destes centros e na lexislación reguladora do sistema educativo do Estado, procede revisar a Orde do 4 de novembro de 2008 co obxectivo axustar a oferta formativa dos centros de formación dependentes da Consellería do Mar, de maneira que exista unha correlación entre os requisitos de titulación exixidos e as materias impartidas na actualidade, de xeito que, no momento de cobertura de postos docentes en réxime de interinidade, se axusten os currículos de cada título establecidos por decreto ás titulacións idóneas específicas, garantindo que o persoal seleccionado reúna as condicións de coñecemento e competencia para una función docente concreta.

Por todo iso, a Consellería do Mar, no uso das competencias que lle confire o artigo 34.6 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, das normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPÓN:

Artigo único. Modificar a Orde do 4 de novembro de 2008, pola que se establecen as materias que se imparten e as especialidades do profesorado dos centros de ensino pesqueiro e se regula a equivalencia para os efectos de docencia e o procedemento para a cobertura de carácter temporal de prazas de profesores numerarios e mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros.

Un. O parágrafo 3 do artigo 3 terá a seguinte redacción:

Para a elaboración das listas polo procedemento indicado deberá exixírselles aos aspirantes que se inscriban estar en posesión dalgunha das titulacións consideradas como idóneas para a especialidade ou materia de que se trate, ademais dos requisitos específicos para a especialidade do profesorado en cada materia, se os houber, de acordo co anexo I desta orde. Da posesión destas titulacións estarán exceptuados os aspirantes que acrediten ter superadas todas as probas da fase de oposición do último proceso selectivo realizado para o acceso ás escalas dentro da especialidade ou materia correspondente á lista en que soliciten a súa inscrición.

Dous. Modifícase o anexo I correspondente ao cadro de materias que se imparten e especialidade do profesorado, ao que se lle engade e modifican as titulacións idóneas para a cobertura de prazas que estaban recollidas no anexo IV da anterior orde.

Tres. Modifícase o anexo III correspondente ao cadro de titulacións equivalente a efectos de docencia de acordo cos artigos 3.3 profesores numerarios e o 4.3 mestres de taller da Lei 12/1992.

Catro. Queda suprimido o anexo IV da Orde do 4 de novembro de 2008, ao incorporar o seu contido modificado ao anexo I desta orde.

Disposición transitoria.

Os integrantes das listas de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, na especialidade de Navegación marítima, ou de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, na especialidade de Máquinas e produción, que na data de entrada en vigor desta orde estean admitidos nas listas das citadas especialidades e non posúan ningunha das titulacións recollidas no seu anexo III para a especialidade correspondente, seguirán conservando a súa expectativa de ocupar interinamente postos da especialidade na que xa figuran inscritos.

Disposición derradeira.

Esta orde entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2011.

Rosa M.ª Quintana Carballo
Conselleira do Mar

ANEXO I

Cadro resumo das materias que se imparten, especialidade do profesorado e titulacións idóneas

Profesores numerarios.

Materias

Especialidade do profesorado

Titulacións idóneas

Goberno do buque

Seguridade, supervivencia e primeiros auxilios

Seguridade, prevención e supervivencia no mar

Navegación marítima

- Capitán da Mariña Mercante

- Lic. en Navegación e Transporte Marítimo

Radiocomunicacións (GMDSS)

Comunicacións

- Oficial Radioelectrónico de 1.ª clase da M.M.

Pesca marítima, extracción e conservación

Bioloxía das especies mariñas

Pesca marítima

Bioloxía pesqueira

- Capitán de Pesca

- Licenciado/a en Bioloxía

Automatización, regulación e control

Planificación e xestión das instalacións

Instalacións e máquinas eléctricas

Máquinas e instalacións mariñas

- Xefe de Máquinas da Mariña Mercante

- Lic. en Máquinas Navais

- Enxeñeiro Naval, Oceánico ou Industrial

Atención sanitaria de urxencia a bordo

Procesos sanitarios

- Lic. en Medicina e Cirurxía

Dereito marítimo e lexislación pesqueira

Administración do buque

Lexislación marítima

- Lic. en Dereito

- Capitán da Mariña Mercante

- Lic. en Navegación e Transporte Marítimo

Lingua estranxeira

Inglés marítimo

- Lic. en Filoloxía Inglesa

- Capitán da Mariña Mercante

- Lic. en Navegación e Transporte Marítimo

Relacións no contorno de traballo

Formación e orientación laboral

Administración, xestión e comercialización na pequena empresa

Formación e orientación laboral

- Lic. en Empresas

- Lic. en Económicas

- Lic. en Dereito

- Lic.en Administración e Dirección de Empresas

Organización do proceso produtivo acuícola

Técnicas e cultivo de moluscos

Técnicas e cultivo de crustáceos

Técnicas e cultivo de peixes

Produción de cultivos auxiliares

Instalacións e equipamentos de cultivo

Técnicas e produción de cultivos auxiliares

Parámetros e condicións de cultivo

Procesos de cultivo acuícola

- Licenciado/a en Bioloxía

- Licenciado/a en Ciencias do Mar

Fisiopatoloxía do mergullo e asistencia sanitaria de urxencia a mergulladores

Medicina subacuática e hiperbárica (1)

Lic. en Medicina e Cirurxía

Inmersión a media profundidade

Intervencións subacuáticas e hiperbáricas (2)

Licenciado/a, enxeñeiro/a, arquitecto/a

Traballos subacuáticos de obras hidráulicas e con explosivos

Intervencións subacuáticas e hiperbáricas (3)

Licenciado/a, enxeñeiro/a, arquitecto/a

1. En cumprimento dos artigos 43 a 45 da Orde do 23 de abril de 1999, deberá estar escrito no censo de facultativos habilitados para a realización de exames médicos a mergulladores.

2. En cumprimento dos artigos 40 a 42 da Orde do 23 de abril de 1999, deberá estar en posesión da tarxeta profesional de mergullador instrutor profesional en vigor e ter a especialidade subacuática de «Instalacións e sistemas de mergullo» segundo o artigo 3 f) e 4 do Decreto 152/1998, do 15 de maio.

3. En cumprimento dos artigos 40 e 42 da Orde do 23 de abril de 1999, deberá estar en posesión da tarxeta profesional de mergullador instrutor profesional en vigor e ter a especialidade subacuática de «Obras hidráulicas» segundo o artigo 3 f) e 4 do Decreto 152/1998, do 15 de maio.

ANEXO II

Cadro resumo das materias que se imparten, especialidade do profesorado e titulacións idóneas

Mestres de taller.

Materias

Especialidade do profesorado

Titulacións idóneas

Manobra e carga do buque

Navegación e comunicación do buque

Estabilidade e manobra

Servizos ao buque

Diplomado/a en Navegación Marítima

Operación e mantemento dos equipamentos de propulsión

Operación e mantemento dos sistemas frigoríficos e de produción

Operacións auxiliares de mantemento industrial

Sistemas de propulsión e servizos do buque

Instalacións e equipamentos eléctricos do buque

Sistemas automáticos e de regulación

Técnicas auxiliares de mantemento industrial

Instalacións e equipamentos de cultivo

Máquinas e produción

- Diplomado/a en Máquinas Navais

- Enxeñeiro/a Técnico Naval ou Industrial

Servizos técnicos subacuáticos e hiperbáricos

Traballos técnicos de mergullo (1)

- Diplomado/a universitario ou equivalente

(1) Deberá estar en posesión da tarxeta profesional de mergullador profesional de 1.ª clase ou superior e coa especialidade subacuática correspondente á materia que vai impartir.

ANEXO III

Titulacións equivalentes para os efectos de docencia

Especialidade do profesorado

Titulación declarada equivalente para os efectos de docencia

Navegación marítima

- Diplomado en Navegación Marítima ou equivalente

Máquinas e instalacións mariñas

- Diplomado en Máquinas Navais

- Enxeñeio técnico Naval ou Industrial

Formación e orientación laboral

- Diplomado en Ciencias Empresariais

- Diplomado en Relacións Laborais

- Diplomado en Traballo Social

- Diplomado en Educación Social

Pesca, extracción e conservación

- Capitán de Pesca

ANEXO V

Materias técnicas reguladas na Orde do 22 de decembro de 1995

Correspondencia coas materias do novo deseño educativo

a) Profesores numerarios

Navegación, comunicación e meteoroloxía

Goberno do buque

Coñecementos do buque, estabilidade, manobra, regulamentos e estiba

Administración do buque

Dereito marítimo e lexislación pesqueira

Dereito marítimo, lexislación pesqueira e administración

Seguridade marítima

Seguridade, prevención e supervivencia no mar

Hixiene no traballo e primeiros auxilios a bordo

Atención sanitaria de urxencia a bordo

Inglés marítimo

Lingua estranxeira

Motores de combustión interna e instalacións propulsoras

Instalacións e máquinas eléctricas

Sistemas mecánicos e pneumohidráulicos

Automatización, regulación e control

Sistemas auxiliares, vapor e frío

Automatización, regulación e control

Sistemas eléctricos e electrónicos

Instalación e máquinas eléctricas

Bioloxía pesqueira

Procesos de cultivo

Pesca marítima

Pesca marítima, extracción e conservación

Cultivos mariños

Procesos de cultivos

Materias comúns reguladas na Orde do 22 de decembro de 1995

Correspondencia coas materias do novo deseño educativo

a) Profesores numerarios

-Habilitación previa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Educación física

Matemáticas

Física

Lingua e literatura galega

Lingua e literatura española

Formación humanística

Debuxo técnico

Materias técnicas reguladas na Orde do 22 de decembro de 1995

Correspondencia coas materias do novo deseño educativo

b) Mestres de taller

Instrutor de pesca

Manobra e carga do buque

Prácticas do buque e radiocomunicacións

Navegación e comunicación do buque

Soldadura e caldeiraría

Técnicas auxiliares de mantemento industrial

Axuste e torno

Operación e mantemento dos equipos de propulsión

Condución, vapor e frío

Operación e mantemento dos sistemas frigoríficos e de produc.

Motores de combustión interna

Sistemas de propulsión e servizos do buque

Pneumática e hidráulica

Sistemas automáticos e de regulación

Electricidade, electrónica

Instalacións e equipamentos eléctricos do buque

Instalacións e equipamentos de cultivo

Instalacións e equipamentos de cultivo