De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas para cubrir unha praza da categoría laboral de técnico especialista en actividades deportivas, grupo III, polas quendas de promoción interna e de acceso libre, convocadas pola Resolución do 23 de xuño de 2010 (DOG do 8 de xullo e BOE do 21 de setembro), comprobado que o aspirante reúne os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria,
O reitor, de conformidade co disposto no artigo 87 j) dos estatutos da USC,
RESOLVE:
Primeiro. Aprobar a proposta feita polo tribunal cualificador e contratar como persoal laboral fixo na categoría laboral de técnico especialista en actividades deportivas o aspirante que superou o proceso selectivo e que se relaciona no anexo desta resolución.
Segundo. A persoa seleccionada formalizará o seu contrato no Servizo de Xestión de Persoal, situado na Casa da Balconada (Rúa Nova n.º 6-Santiago de Compostela) no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2011.
Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO
Categoría laboral: técnico especialista en actividades deportivas
Quenda de promoción interna
|
N.º orde |
DNI |
Apelidos e nome |
|
1 |
33239372-W |
Rial Abuín, Anxo Xosé |

