Primeiro.
Comunícase que está aberto o prazo para posibles interinidades ou substitucións para o corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas e para as seguintes especialidades:
Especialidade |
Titulacións por orde preferente* |
Formación complementaria |
Chinés (592004) |
1. Licenciado en filoloxía da lingua estranxeira obxecto da convocatoria. |
|
2. Licenciado en tradución ou interpretación lingüística da lingua estranxeira obxecto da convocatoria. |
||
3. Calquera titulación universitaria superior da área de humanidades. |
Certificado de aptitude e/ou nivel avanzado das ensinanzas de idiomas de réxime especial no idioma obxecto da convocatoria. |
|
4. Calquera titulación universitaria superior. |
Ter cursado un ciclo dos estudos conducentes á obtención da licenciatura de filoloxía ou en tradución e interpretación do idioma correspondente, xunto co certificado de aptitude e/ou o nivel avanzado das ensinanzas de idiomas de réxime especial no idioma obxecto da convocatoria. |
|
5. As titulacións homólogas ás mencionadas, segundo o Real decreto 1954/1994, do 30 de setembro (BOE do 17 de novembro). |
||
Xaponés (592013) |

*Aínda que o baremo sexa inferior, os titulados do punto 1 terán preferencia sobre os titulados dos puntos 2, 3 e 4; os titulados do punto 2 terán preferencia sobre os titulados do punto 3 e 4; e os titulados do punto 3 terán preferencia sobre os titulados do punto 4.
Segundo. Prazo de solicitude.
O prazo para presentar a instancia de solicitude, na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou nos seus departamentos territoriais, será de dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. Modelo de solicitude.
O modelo de solicitude está á disposición dos interesados na páxina web da consellería, no enderezo http://www.edu.xunta.es/profesorado (xestión de profesorado; interinos e substitutos).
Cuarto. Comisión baremadora.
A asignación da puntuación que corresponde aos concursantes efectuaraa unha comisión constituída por funcionarios destinados na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Esta comisión estará cualificada na categoría primeira para os efectos do previsto no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño).
Poderá asistir ás reunións da comisión, con voz e sen voto, un representante por cada unha das organizacións sindicais con presenza na mesa sectorial docente non universitaria.
Quinto. Requisitos dos candidatos e candidatas.
a) Estar en posesión da titulación que se sinala no punto primeiro deste anuncio.
b) Ter superado o curso Celga 4 de lingua galega ou validación equivalente.
Non obstante o anterior, poderán presentar solicitudes aquelas persoas que, posuíndo as titulacións sinaladas no punto primeiro, non posúan o curso de Celga 4 de lingua galega ou equivalente. Estes candidatos poderán ser seleccionados en defecto de candidatos que si o acrediten. Neste caso, de seren seleccionados, os candidatos deberán superar, no prazo máximo de dous anos desde que sexan nomeados, o curso de Celga 4 de lingua galega ou equivalente. A superación do devandito curso deberá ser comunicada á Subdirección Xeral de Recursos Humanos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Sexto.
O baremo de acordo coa addenda asinada cos sindicatos da mesa sectorial docente o 11 de xullo de 2006 (texto refundido publicado na Resolución do 10 de maio de 2010, DOG do 19 de maio), será o publicado na fase de concurso do último concurso-oposición convocado no DOG.
Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2011.
José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos