Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Venres, 30 de setembro de 2011 Páx. 28991

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (737/2008).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Social número 2 da Coruña, fago saber que no proceso seguido por instancia de Francisco Cividanes Abruñedo, José Ángel Saavedra Botana e Eduardo Cruz Cruz contra Aluminios Rafa Ordóñez, S.L. e Fogasa, en reclamación por ordinario, rexistrado co número 737/2008, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión di:

«Sentenza.

Na cidade da Coruña, o un de setembro de dous mil once.

Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Social número 2 desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 737/2008 seguidos por instancia de Francisco Cividanes Abruñedo, José Ángel Saavedra Botana e Eduardo Cruz Cruz, representados polo letrado Sr. Pampín Miras, contra Aluminios Rafa Ordóñez e Fogasa, que non compareceron malia estar citados en legal forma, sendo o obxecto da reclamación cantidade; e

Decisión que, estimando a demanda interposta polos demandantes Francisco Cividanes Abruñedo, Eduardo Cruz Cruz, José Ángel Saavedra Botana, debo condenar e condeno a empresa Aluminios Rafa Ordóñez, S.L. a que lles aboe aos demandantes a cantidade de 9.733,31 euros, 5.106,94 euros e 7.106,23 euros, respectivamente, polos conceptos reclamados en demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade.

E igualmente deberá no momento de interpor o recurso consignar a suma de 150 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación a Aluminios Rafa Ordóñez, S.L., expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 12 de setembro de 2011.

A secretaria xudicial
Rubricado