Edicto de notificación e emprazamento.
M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da sección número 1 da sala segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 5108/2010 desta sección, seguido a instancia de Explotaciones Hoteleras Entrerrias, S.L. contra a Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social de Pontevedra, Adriana Paula Rodrigues, Patricia Tibes Xabie, Bibiana Lorena López Murillo, Faith Evboboru, Edna Bernardo Borges, Walkire Ramos Roque, Simone Santos Viera, Juliana dos Santos Batista, Luisa Fernanda Osorio Villa, Simone de Oliveira Castro Silva, Luciana Cristin Nunes, Luanna Beatriz Monteiro de Oliveira sobre outros dereitos laborais, ditouse resolución que copiada nos particulares necesarios di:
«...Acordo ter por preparado o recurso de casación para a unificación de doutrina e emprazar as partes para que comparezan persoalmente ou por medio de avogado ou representante ante a sala cuarta do Social do Tribunal Supremo no prazo de quince días hábiles, se tivesen o su domicilio na península ou de vinte cando residan fóra dela, debendo presentar a parte recurrente ante dita sala dentro dos vinte días seguintes á data en que se efectúe este emprazamento, o escrito de interposición do recurso, de conformidade coa Lei de procedemento laboral.
Verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal, logo de notificación e emprazamento ás partes...».
Advírtese ás destinatarias: Adriana Paula Rodrigues, Patricia Tibes Xabie, Bibiana Lorena López Murillo, Faith Evboboru, Edna Bernardo Borges, Walkire Ramos Roque, Simone Santos Viera, Juliana dos Santos Batista, Luisa Fernanda Osorio Villa, Simone de Oliveira Castro Silva, Luciana Cristin Nunes, Luanna Beatriz Monteiro de Oliveira, que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
A Coruña, 27 de xullo de 2011.
A secretaria xudicial
Rubricado

