Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Xoves, 6 de outubro de 2011 Páx. 29537

I. Disposicións xerais

Consellería de Economía e Industria

ORDE do 15 de setembro de 2011 pola que se modifican os anexos XII e XIII do Decreto 51/2011, do 17 de marzo, polo que se actualiza a normativa en materia de seguridade industrial na Comunidade Autónoma de Galicia para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior.

No Diario Oficial de Galicia núm. 65, do 1 de abril de 2011, publicouse o Decreto 51/2011, do 17 de marzo, polo que se actualiza a normativa en materia de seguridade industrial na Comunidade Autónoma de Galicia para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior.

O anexo XII do dito decreto fai referencia ás empresas instaladoras frigoristas e o anexo XIII ás empresas conservadoras-reparadoras frigoristas. Estes dous tipos de empresa están regulados no Real decreto 3099/1977, do 8 de setembro, polo que se aproba o Regulamento de seguridade para plantas e instalacións frigoríficas (BOE núm. 291, do 6 de decembro).

O 8 de novembro de 2011 entrou en vigor o Real decreto 138/2011, do 4 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de seguridade para instalacións frigoríficas e as súas instrucións técnicas complementarias (BOE núm. 57, do 8 de marzo).

O Real decreto 138/2011 derroga o Real decreto 3099/1977 e introduce cambios nos tipos de empresa recollidos nos anexos XII e XIII do Decreto 51/2011, polo que é necesario modificar os ditos anexos. Os cambios consisten nunha variación da clasificación das empresas. No Real decreto 3099/1977 as empresas clasificábanse en empresas instaladoras frigoristas e empresas conservadoras-reparadoras frigoristas, mentres que no Real decreto 138/2011 clasifícanse en empresas frigoristas de nivel 1 e empresas frigoristas de nivel 2.

Estes cambios non afectan a regulación substantiva do Decreto 51/2011, do 17 de marzo, xa que as actividades reguladas son as mesmas e non varía o réxime de habilitación, baseado na declaración responsable.

A disposición derradeira primeira do Decreto 51/2011, do 17 de marzo, faculta a persoa titular da consellería con competencias en materia de industria para modificar os anexos cando non supoña unha modificación substantiva do contido dos preceptos do decreto.

En consecuencia, en uso das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único.

Modificar os anexos XII e XIII do Decreto 51/2011, do 17 de marzo, que quedan redactados segundo se indica nos anexos desta orde.

Disposición derradeira.

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2011.

Javier Guerra Fernández
Conselleiro de Economía e Industria

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file