Advertido erro na Resolución do 28 de abril de 2011 (BOE do 20 de maio), pola que se convocaba concurso de traslado de prazas vacantes e de nova creación entre funcionarios dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial, e segundo o establecido no artigo 105 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, transcríbese a continuación a oportuna rectificación:
Eliminar o seguinte número de orde do anexo I por estar cuberto o órgano xudicial por un funcionario titular:
|
Nº ORDE |
DENOMINACIÓN |
CORPO |
LOCALIDADE |
VACANTES |
|
31103 |
XULGADO DO SOCIAL Nº 4 |
AUXILIO XUDICIAL |
OURENSE |
1 |
Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Dirección Xeral de Xustiza da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza no prazo dun mes, ou contencioso-administrativo ante os xulgados centrais do contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, segundo o disposto no artigo 9 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2011.
Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza

