Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Martes, 11 de outubro de 2011 Páx. 29922

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (174/2010).

No procedemento de referencia ditouse a sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva se fai constar literalmente:

Xulgado de Primeira Instancia número 4 Santiago de Compostela.

Sentenza: 40/2011.

Xuízo verbal número 174/2010.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2011.

Sentenza.

Vistos por min, Ana Belén López Otero maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela, estas actuacións de xuízo verbal tramitadas co número 174/2010, en que interviñeron como demandantes José Pablo Vizoso Piñeiro e Atlas Jam, S.L., representados polo procurador dos tribunais sr. Núñez Blanco e asistidos polo letrado sr. Vizoso Piñeiro, e como demandada María Jesús Rial Cardalda, en situación de rebeldía procesual, en virtude das seguintes consideracións,

DISPOÑO:

Estimar parcialmente a demanda presentada por Pablo Vizoso Piñeiro e Atlas Jam, S.L., e, en consecuencia, condénase a María Jesús Rial Cardalda a aboar ao sr. Vizoso a suma de 927,23 euros e a Atlas Jam, S.L., a suma de 937,28 euros, máis os xuros legais desde a interposición da demanda, debendo aboar cada parte as custas causadas pola súa instancia e as comúns por metade. Notifíquese esta resolución a todos os interesados facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación, anunciándoo no prazo de cinco días a partir da súa notificación, mediante escrito presentado neste xulgado, e posterior interposición para a súa resolución pola Audiencia Provincial, logo de constitución de depósito da suma de 50 euros.

Así o acordo, mando e asino.

E, como consecuencia do ignorado paradoiro de María Jesús Rial Cardalda, expídese esta para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2011.

O/a secretario/a
Rubricado