Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 13 de outubro de 2011 Páx. 30078

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 3 de outubro de 2011 pola que se actualiza o Catálogo galego de árbores senlleiras.

O Decreto 67/2007, do 19 de abril, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, aprobado en desenvolvemento da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, establece no seu artigo 4.1 que a inclusión ou exclusión das árbores e das formacións de calquera especie no catálogo se fará mediante orde da Consellería do Medio Rural.

No artigo 4.2 dese mesmo decreto exponse que o procedemento de catalogación ou descatalogación dun exemplar ou formación de calquera especie poderá ser iniciado de oficio pola consellería competente en materia de conservación da natureza ou por instancia de parte, mediante o procedemento establecido nos seguintes puntos dese artigo.

Finalmente, o artigo 5.1 do Decreto 67/2007 crea o Comité das Árbores Senlleiras como órgano consultivo da Dirección Xeral de Conservación da Natureza nesta materia, con funcións de asesoramento en relación coas inclusións, exclusións e as diferentes actuacións que se levarán a cabo no contorno dos exemplares e formacións catalogados.

De acordo co anterior, desde a entrada en vigor do regulamento do Catálogo galego de árbores senlleiras inícianse numerosos expedientes por instancia de parte. A Dirección Xeral de Conservación da Natureza realizou unha avaliación das características dendrométricas e do estado de conservación destas árbores e formacións, trasladando posteriormente esa información ao Comité das Árbores Senlleiras.

Nas sucesivas reunións deste órgano asesor, e unha vez aplicados os criterios de catalogación establecidos para tal efecto, o Comité das Árbores Senlleiras emitiu informe favorable ás solicitudes de inclusión de diversos exemplares e formacións nos correspondentes anexos do Catálogo galego de árbores senlleiras.

Unha vez finalizados os períodos de audiencia aos interesados e resoltos os correspondentes expedientes, cómpre finalizar o proceso de catalogación de diversos exemplares e formacións mediante a publicación da orde que estableza a súa inclusión no Catálogo galego de árbores senlleiras, unha vez constatadas as singularidades que presentan e que os fan merecentes de medidas especiais de protección.

Por todo o anterior,

DISPOÑO:

Artigo único.

1. Inclúense no anexo I (Árbores senlleiras) do Catálogo galego de árbores senlleiras, as árbores recollidas no anexo I desta orde.

2. Inclúense no anexo II (Formacións senlleiras) do Catálogo galego de árbores senlleiras, as formacións recollidas no anexo II desta orde.

Disposición derradeira única.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2011.

Samuel Juárez Casado
Conselleiro do Medio Rural

ANEXO I
Árbores que se inclúen no anexo I do Decreto 67/2007-Árbores senlleiras

Código

Nome da árbore

Especie

Lugar

Concello

Provincia

107A

Abeto branco de Carballal

Abies alba Mill.

Carballal

A Estrada

Pontevedra

108A

Araucaria de Carballeira

Araucaria bidwillii Hook.

Carballeira

Pontevedra

Pontevedra

109A

Araucaria excelsa do Pazo de Rubiáns

Araucaria heterophylla (Salisb.) Franco

Pazo de Rubiáns

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

110A

Castiñeiro de Pexeiros

Castanea sativa Mill.

Pexeiros

Os Blancos

Ourense

111A

Castiñeiro de Cerdedelo

Castanea sativa Mill.

Souto de Cerdedelo

Laza

Ourense

112A

Castiñeiro de Trambolosríos

Castanea sativa Mill.

Trambolosríos

Parada de Sil

Ourense

113A

Castiñeiro de Santa Eufemia

Castanea sativa Mill.

Santa Eufemia

Baños de Molgas

Ourense

114A

Castiñeiro de Cádavos

Castanea sativa Mill.

Cádavos

A Mezquita

Ourense

115A

Castiñeiro do Prado da Ponte

Castanea sativa Mill.

Prado da Ponte

A Mezquita

Ourense

116A

Castiñeiro de Placín

Castanea sativa Mill.

Placín-Cubeiros

Manzaneda

Ourense

117A

Abeleira do Pazo de Lourizán

Corylus avellana L.

Pazo de Lourizán

Pontevedra

Pontevedra

118A

Criptomeria xaponesa do Pazo de Lourizán

Cryptomeria japonica (L.f.) D.Don

Pazo de Lourizán

Pontevedra

Pontevedra

119A

Dicksonia do Pazo de Santa Cruz de Ribadulla

Dicksonia antarctica Labill.

Ortigueira

Vedra

A Coruña

120A

Freixo de folla estreita de Albarín

Fraxinus angustifolia Vahl.

Albarín

O Porriño

Pontevedra

121A

Ginkgo de Vilaboa

Ginkgo biloba L.

Vilaboa

Culleredo

A Coruña

122A

Nogueira de Licín

Juglans regia L.

Licín

O Saviñao

Lugo

123A

Magnolia de Oural

Magnolia grandiflora L.

Oural

Boqueixón

A Coruña

124A

Metrosideros da Finca de Besada

Metrosideros robusta A. Cunn.

Finca de Besada

Poio

Pontevedra

125A

Moreira negra de Cangas de Foz

Morus nigra L.

Cangas de Foz

Cangas de Foz

Lugo

126A

Piñeiro de Alxán

Pinus pinaster Ait.

Alxan

Salvaterra de Miño

Pontevedra

127A

Chopo branco do balneario de Cuntis

Populus alba L.

Balneario de Cuntis

Cuntis

Pontevedra

128A

Carballo da Portela

Quercus robur L.

A Portela

Mondariz

Pontevedra

129A

Carballo de Portacal

Quercus robur L.

Cumbraos

Sobrado

Coruña

130A

Carballo de Freán

Quercus robur L.

Freán

Xermade

Lugo

131A

Carballo de Vilatuxe

Quercus robur L.

Vilatuxe

Lalín

Pontevedra

132A

Carballo de Soutolongo

Quercus robur L.

Soutolongo

Lalín

Pontevedra

133A

Pai dos Rebolos

Quercus robur L.

Umoso-Dradela

Viana do Bolo

Ourense

134A

Carballo de Luxís

Quercus robur L.

Pacios

Castro de Rei

Lugo

135A

Carballo de Cabanavella-I

Quercus robur L.

Cabanavella

Cervantes

Lugo

136A

Carballo de Cabanavella-II

Quercus robur L.

Cabanavella

Cervantes

Lugo

137A

Sobreira de Loña

Quercus suber L.

Igrexa do Santo Cristo de Lonia

Ourense

Ourense

138A

Sobreira de Siador

Quercus suber L.

A Saleta

Silleda

Pontevedra

139A

Rododendro de Serantellos

Rhododendrum arboreum Sm.

Serantellos

Cambados

Pontevedra

140A

Salgueiro da braña de Xafardán

Salix atrocinerea Brot.

Deiro

Vilanova de Arousa

Pontevedra

141A

Secuoia vermella do Pazo de Lourizán

Sequoia sempervirens (D. Don) Endl.

Pazo de Lourizán

Pontevedra

Pontevedra

142A

Sófora xaponesa do Pazo de Lourizán

Sophora japonica L. pendula

Pazo de Lourizán

Pontevedra

Pontevedra

143A

Teixo de Cereixido

Taxus baccata L.

Cereixido

Quiroga

Lugo

144A

Teixo de Carballido

Taxus baccata L.

Carballido

A Fonsagrada

Lugo

145A

Teixo de Fontaneira

Taxus baccata L.

Fontaneira

Baleira

Lugo

146A

Teixo de Balmonte

Taxus baccata L.

Balmonte

Castro de Rei

Lugo

147A

Olmeiro híbrido do Pazo de Lourizán

Ulmus x hollandica Mill.

Pazo de Lourizán

Pontevedra

Pontevedra

ANEXO II
Formacións que se inclúen no anexo II do Decreto 67/2007-Formacións senlleiras

Código

Nome da formación

Especie

Lugar

Concello

Provincia

22F

Carreira de araucarias de Noia

Araucaria bidwillii Hook.

Noia

Noia

A Coruña

23F

Bidueiral de Xares

Betula celtiberica Rothm. & Vasc.

Coto de Xares

A Veiga

Ourense

24F

Carreira de buxos da illa de San Simón

Buxus sempervirens L.

Illa de San Simón

Redondela

Pontevedra

25F

Buxeda do Pazo de San Lourenzo

Buxus sempervirens L.

Santiago de Compostela

Santiago de Compostela

A Coruña

26F

Castiñeiros dos Blancos

Castanea sativa Mill.

Os Blancos

Os Blancos

Ourense

27F

Devesa de Cartelos

Quercus robur L.

Cartelos

Carballedo

Lugo

28F

Carballos da praza do Campo de Bande

Quercus robur L.

Bande

Bande

Ourense

29F

Sobreiral de Magán

Quercus suber L.

Magán-Estacas

Curtis

Pontevedra

30F

Tileiras prateadas da igrexa de San Domingos

Tilia tomentosa Moench

Ribadavia

Ribadavia

Ourense

31F

Tileiras prateadas do mosteiro de Oseira

Tilia tomentosa Moench

Oseira

San Cristovo de Cea

Ourense