Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 13 de outubro de 2011 Páx. 30068

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

ORDE do 22 de setembro de 2011 pola que se declara a alleabilidade de varios inmobles procedentes da antiga cámara agraria local da Baña.

A Comunidade Autónoma de Galicia é titular dos inmobles das antigas cámaras agrarias locais ao abeiro do disposto na disposición adicional sétima da Lei 11/1995, do 28 de decembro.

Unha vez desafectados do dominio público os inmobles da antiga cámara agraria local da Baña mediante o Decreto 63/2011, do 3 de marzo (DOG n.º 69, do 7 de abril) e obtida a súa inscrición no correspondente rexistro da propiedade a nome da Comunidade Autónoma de Galicia, procede declarar a súa alleabilidade de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e o artigo 60 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o seu regulamento, co obxecto de posibilitar o seu tráfico patrimonial.

Na súa virtude, por proposta da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio,

DISPOÑO:

Artigo único. Declárase a alleabilidade dos inmobles que se describen a seguir:

1. Parcela n.º 482, Sabugeira, situada en San Salvador da Ermida, concello da Baña (A Coruña) cunha superficie aproximada de 4.316 m2, que, segundo o rexistro da propiedade, estrema: norte, con Josefa Gerpe Blanco; sur, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; leste, Constantino Allo García; oeste, con Josefina Nieto García.

Atópase inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio n.º 17.421, tomo 867, libro 157 e folio 97.

Referencia catastral: 15007A509004820000JY.

Valoración económica: 5.548,94 €.

2. Parcela n.º 537, Rego de Ferreira, situada en San Salvador da Ermida, concello da Baña (A Coruña) cunha superficie aproximada de 5.902 m2, que, segundo o rexistro da propiedade, estrema: norte, con María Gerpe Antelo e outros e camiño de acceso; sur, parroquia de San Xoán da Riba; leste, parroquia de San Xoán da Riba; oeste, con Josefa Ramos Calvo.

Atópase inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio n.º 17.423, tomo 867, libro 157 e folio 98.

Referencia catastral: 15007A509005370000JH.

Valoración económica: 6.335,53 €.

3. Parcela n.º 662, Arzón, situada en San Xoán de Barcala, concello da Baña (A Coruña) cunha superficie aproximada de 270 m2, que, segundo o rexistro da propiedade, estrema: norte, con monte ou inculto; sur, edificio e inculto; leste, regato; oeste, coa estrada de Seoane á Baña.

Atópase inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio n.º 17.425, tomo 867, libro 157 e folio 99.

Referencia catastral: 9239911NH1593N0001GQ.

Valoración económica: 2.402,81 €.

4. Parcela n.º 627, Espiñeiro, situada en Santa María de Ordoeste, concello da Baña (A Coruña) cunha superficie aproximada de 760 m2, que, segundo o rexistro da propiedade, estrema: norte, Servizo de Concentración Parcelaria; sur, zona excluída de monte; leste, Georgina Almozara Outeiro e incalto; oeste, con estrada de Cruceiro a Rial.

Atópase inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio n.º 17.429, tomo 867, libro 157 e folio 101.

Referencia catastral: 15007A512006270000JE.

Valoración económica: 1.419,53 €.

5. Parcela n.º 321, Granxa, situada en San Miguel de Cabanas, concello da Baña (A Coruña) cunha superficie aproximada de 2.720 m2, que, segundo o rexistro da propiedade, estrema: norte, Alfredo Insua Cebey e Domingo Fernández Romero, atopándose nese límite co límite leste unha zona de auga para este predio; sur, con río Portalaxe e camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; leste, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; oeste, con Elvira Prisco Turnes e río Portalaxe.

Atópase inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio n.º 17.433, tomo 867, libro 157 e folio 103.

Referencia catastral: 15007A503003210000JI.

Valoración económica: 8.432,83 €.

6. Parcela n.º 516, Fonte Cova, situada en Santa Baia de Lañas, concello da Baña (A Coruña) cunha superficie aproximada de 8.948 m2, que, segundo o rexistro da propiedade, estrema: norte, José Villar Liñares e Domingo Páramos Liñares e outros; sur, con José Liñares Liñares; leste, camiño; oeste, con Arsenia Vieito Páramos.

Atópase inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio n.º 17.451-N, tomo 742, libro 150 e folio 213.

Referencia catastral: 15007A508005160000JR.

Valoración económica: 8.545,14 €.

7. Parcela n.º 505, Santa Mariña, situada en Santa Baia de Lañas, concello da Baña (A Coruña) cunha superficie aproximada de 17.856 m2, que, segundo o rexistro da propiedade, estrema: norte, cámara agraria local da Baña; sur, con camiño; leste, Jesús Páramos Vieito; oeste, Manuel Vieito Vieito e Aurora Muñiz Antelo.

Atópase inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio n.º 17.449-N, tomo 742, libro 150 e folio 211.

Referencia catastral: 15007A508005050000JQ.

Valoración económica: 12.901,10 €.

8. Parcela n.º 502, Santa Mariña, situada en Santa Baia de Lañas, concello da Baña (A Coruña) cunha superficie aproximada de 19.188 m2, que, segundo o rexistro da propiedade, estrema: norte, camiño; sur, Manuel Vieito Vieito, cámara agraria local da Baña, Jesús Páramos Vieito e José Vieito Vilacoba; leste, Manuel Casal Ramos; oeste, con leiras da parroquia de Santa Mariña do Barro.

Atópase inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio n.º 17.447-N, tomo 742, libro 150 e folio 209.

Referencia catastral: 15007A508005020000JB.

Valoración económica: 18.324,11 €.

9. Parcela n.º 478, Riba do Agro de Antonio, situada en Santa Baia de Lañas, concello da Baña (A Coruña) cunha superficie aproximada de 2.400 m2, que, segundo o rexistro da propiedade, estrema: norte, camiño; sur, camiño; leste, Josefa Cordeiro Páramos; oeste, con María Páramos.

Atópase inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio n.º 17.445-N, tomo 742, libro 150 e folio 207.

Referencia catastral: 15007A508004780000JT.

Valoración económica: 2.291,94 €.

10. Parcela n.º 300, Pedra dos Lagartos, situada en Santa Baia de Lañas, concello da Baña (A Coruña) cunha superficie aproximada de 2.460 m2, que, segundo o rexistro da propiedade, estrema: norte, Domingo Blanco Vieito; sur, camiño, e Rosa Vilacoba Díaz; leste, Rosa Vilacoba Díaz; oeste, con camiño.

Atópase inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio n.º 17.441-N, tomo 742, libro 150 e folio 203.

Referencia catastral: 15007A508003000000JJ.

Valoración económica: 2.813,67 €.

11. Parcela n.º 251, Gandarón, situada en Santa Baia de Lañas, concello da Baña (A Coruña) cunha superficie aproximada de 3.003 m2, que, segundo o rexistro da propiedade, estrema: norte, Carmen Blanco Blanco; sur, Andrés Gerpe Varela; leste, camiño e regato no medio; oeste, con camiño e regato no medio en parte.

Atópase inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio n.º 17.439-N, tomo 742, libro 150 e folio 201.

Referencia catastral: 15007A508002510000JG.

Valoración económica: 6.190,01 €.

12. Parcela n.º 778, Pedra do Gronxo, situada en San Mamede de Suevos, concello da Baña (A Coruña) cunha superficie aproximada de 35.252 m2, que, segundo o rexistro da propiedade, estrema: norte, M.ª Josefa Maroñas Castro; sur, zona excluída; leste, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; oeste, con María Gil Paredes e outro propietario.

Atópase inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio n.º 17.055-N, tomo 742, libro 150 e folio 191.

Referencia catastral: 15007A514007780000JH.

Valoración económica: 33.664,88 €.

13. Parcela n.º 725, Carballas, situada en San Mamede de Suevos, concello da Baña (A Coruña) cunha superficie aproximada de 3.472 m2, que, segundo o rexistro da propiedade, estrema: norte, Manuel Antelo García; sur, María Forján Rial e outros; leste, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; oeste, con José Varela Abelenda e outro.

Atópase inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio n.º 17.053-N, tomo 742, libro 150 e folio 189.

Referencia catastral: 15007A514007250000JL.

Valoración económica: 3.315,68 €.

14. Parcela n.º 350, Raposeiras, situada en San Mamede de Suevos, concello da Baña (A Coruña) cunha superficie aproximada de 336 m2, que, segundo o rexistro da propiedade, estrema: norte, Manuela Suárez Antelo; sur, zona excluída; leste, zona excluída; oeste, con camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria.

Atópase inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio n.º 17.043-N, tomo 742, libro 150 e folio 179.

Referencia catastral: 15007A514003500000JO.

Valoración económica: 384,30 €.

15. Parcela n.º 342, Brañas, situada en San Mamede de Suevos, concello da Baña (A Coruña) cunha superficie aproximada de 1.158 m2, que, segundo o rexistro da propiedade, estrema: norte, zona excluída; sur, estrada de Santa Comba a Santiago; leste, Julián Parajó Castro; oeste, con Manuel Antelo Recarey.

Atópase inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio n.º 17.041-N, tomo 742, libro 150 e folio 177.

Referencia catastral: 15007A514003420000JP.

Valoración económica: 1.696,74 €.

16. Parcela n.º 323, Casanova, situada en San Mamede de Suevos, concello da Baña (A Coruña) cunha superficie aproximada de 2.316 m2, que, segundo o rexistro da propiedade, estrema: norte, María Antelo Recarey; sur, María Rial Veira; leste, María Rial Veira; oeste, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria.

Atópase inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio n.º 17.039-N, tomo 742, libro 150 e folio 173.

Referencia catastral: 15007A514003230000JI.

Valoración económica: 5.717,68 €.

17. Parcela n.º 322, Rilleira do Gronxo, situada en San Mamede de Suevos, concello da Baña (A Coruña) cunha superficie aproximada de 4.072 m2, que, segundo o rexistro da propiedade, estrema: norte, María Burque Rial; sur, Engracia Paredes García; leste, José Nieto Gómez; oeste, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria.

Atópase inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio n.º 17.037-N, tomo 742, libro 150 e folio 173.

Referencia catastral: 15007A514003220000JX.

Valoración económica: 3.888,67 €.

18. Parcela n.º 294, Chouza da Nuna, situada en San Mamede de Suevos, concello da Baña (A Coruña) cunha superficie aproximada de 530 m2, que, segundo o rexistro da propiedade, estrema: norte, Mercedes Antelo García; sur, Jesús Cancela Arán; leste, camiño, regato no medio; oeste, Manuela Nieves Mata Gómez e outro propietario, regato no medio.

Atópase inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio n.º 17.035-N, tomo 742, libro 150 e folio 171.

Referencia catastral: 9705608NH1690N0001XQ.

Valoración económica: 900,64 €.

19. Parcela n.º 282, Prado, situada en San Mamede de Suevos, concello da Baña (A Coruña) cunha superficie aproximada de 174 m2, que, segundo o rexistro da propiedade, estrema: norte, Julián Martínez Castro; sur, María García Antelo; leste, María Suárez Pazos, regato no medio; oeste, camiño, regato no medio.

Atópase inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio n.º 17.033-N, tomo 742, libro 150 e folio 169.

Referencia catastral: 15007A514002820000JT.

Valoración económica: 358,66 €.

20. Parcela n.º 270, Penla, situada en San Mamede de Suevos, concello da Baña (A Coruña) cunha superficie aproximada de 2.740 m2, que, segundo o rexistro da propiedade, estrema: norte, Manuel Cancela Arán e outros, regato no medio e Dolores Gerpe Paredes; sur, Manuela Nieves Mata Gómez; leste, camiño; oeste, camiño, José Rial Pazos, regato no medio.

Atópase inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio n.º 17.031-N, tomo 742, libro 150 e folio 167.

Referencia catastral: 15007A514002700000JH.

Valoración económica: 5.647,90 €.

21. Parcela n.º 46, Agra Vella, situada en San Mamede de Suevos, concello da Baña (A Coruña) cunha superficie aproximada de 113 m2, que, segundo o rexistro da propiedade, estrema: norte, Pilar Suárez Antelo e outros; sur, camiño; leste, Genoveva García Gerpe, regato no medio; oeste, camiño, regato no medio.

Atópase inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio n.º 17.023-N, tomo 742, libro 150 e folio 159.

Referencia catastral: 15007A514000460000JA.

Valoración económica: 278,97 €.

22. Parcela n.º 313, Agra da Fonte, situada en San Cristovo de Corneira, concello da Baña (A Coruña) cunha superficie aproximada de 1.740 m2, que, segundo o rexistro da propiedade, estrema: norte, camiño; sur, camiño; leste, camiño; oeste, Raimundo Antelo Blanco, regato no medio.

Atópase inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio n.º 17.919-N, tomo 742, libro 150 e folio 155.

Referencia catastral: 5265411NH1556N0001TD.

Valoración económica: 12.087,49 €.

23. Parcela n.º 136, Fondón, situada en San Cristovo de Corneira, concello da Baña (A Coruña) cunha superficie aproximada de 610 m2, que, segundo o rexistro da propiedade, estrema: norte, río; sur, camiño; leste, Josefa Calvo Rey e outros; oeste, zona excluída.

Atópase inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio n.º 17.907-N, tomo 742, libro 150 e folio 147.

Referencia catastral: 15007A516001360000JT.

Valoración económica: 697,69 €.

24. Parcela n.º 97, Espiño, situada en San Cristovo de Corneira, concello da Baña (A Coruña) cunha superficie aproximada de 526 m2, que, segundo o rexistro da propiedade, estrema: norte, río; sur, camiño, regato en medio; leste, Manuel Negreira Negreira; oeste, Emilia Lens Blanco.

Atópase inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio n.º 17.905-N, tomo 742, libro 150 e folio 145.

Referencia catastral: 15007A516000970000JB.

Valoración económica: 601,62 €.

25. Parcela n.º 93, Agro Novo, situada en San Cristovo de Corneira, concello da Baña (A Coruña) cunha superficie aproximada de 1.902 m2, que, segundo o rexistro da propiedade, estrema: norte, camiño; sur, Manuela Otero Tomé; leste, camiño; oeste, Manuel Braña Rodríguez.

Atópase inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio n.º 17.903-N, tomo 742, libro 150 e folio 143.

Referencia catastral: 15007A516000930000JU.

Valoración económica: 3.920,55 €.

26. Parcela n.º 59, Revolta, situada en San Cristovo de Corneira, concello da Baña (A Coruña) cunha superficie aproximada de 518 m2, que, segundo o rexistro da propiedade, estrema: norte, Elvira Rodríguez; sur, zona excluída; leste, zona excluída; oeste, camiño.

Atópase inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio n.º 17.901-N, tomo 742, libro 150 e folio 141.

Referencia catastral: 15007A516000590000JH.

Valoración económica: 592,47 €.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2011.

P.D. (Orde 27.4.2009)
Rosa M.ª Pedrosa Pedrosa
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda