Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Luns, 17 de outubro de 2011 Páx. 30398

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 15 de setembro de 2011, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación do monte denominado A Lomba, solicitado a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común do Viso, parroquia do Viso, concello de Redondela, e se abre un período dun mes para a práctica de alegacións.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o día 19.8.2010, acordou iniciar os trámites para a clasificación, como veciñal en man común, do seguinte monte:

Concello: Redondela.

Parroquia: O Viso.

Nome do monte: A Lomba.

Cabida: 5.343,8 m2 (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte: estrada asfaltada.

Sur: camiño de terra.

Leste: camiño de terra.

Oeste: estrada asfaltada.

O que se pon en coñecemento de todos os interesados, para os efectos de abrir un período dun mes de duración para que se poida examinar o expediente e aducir durante este tempo o que se considere procedente en relación cos montes de referencia, así como achegar cantas alegacións, documentos ou informacións consideren convenientes e, de ser o caso, propoñer proba en que se concreten os medios de que pretendan valerse, de conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 15 de setembro de 2011.

Enrique Martínez Chamorro
Instrutor do expediente